EXPLOSIÓN

Amadeo Varelapor Amadeo Varela, hoxe en Diario de Ferrol

As explosións rexistradas recentemente en China deberían poñerlle os pelos de punta a todos aqueles que seguen menosprezando o perigo que supón a presenza no interior da nosa ría de dous complexos industriais, que albergan nas súas instalacións un enorme potencial destrutivo. As fotografías dos xornais inducen a pensar no que pasaría aquí se un accidente dese tipo se producise. E ninguén se da por “enterado”. Mentres, a maioría da poboación vive ignorando o perigo e sen que ninguén informe de que clase de materiais e en que cantidades se almacenan na “Forestal do Atlántico” e de que xeito poderían “interactuar” co gas natural licuado que almacena Reganosa. Coido que ese podería ser un motivo serio para que alguén presentase unha pregunta en calquera dos dous Parlamentos, para defender á cidadanía do contorno da ría. Tal vez os políticos da oposición poderían facer algo nese sentido, pois nada se pode esperar dos que gobernan. Segundo o vexo eu, claro.

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: