AGEe pregunta sobre REGANOSA na Comisión Europea

20150630114236-bruselas

NOTA DE PRENSA 25.09.2015
PREGUNTA DE AGEe Á COMISIÓN EUROPEA

*Cuestionamos o financiamento público europeo da planta de Reganosa en Ferrol*
*Alternativa Galega de Esquerda en Europa vén de rexistrar una pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea
*Unha explosión en Reganosa superaría en 85.000 veces a potencia da explosión máis forte rexistrada en Tianjin no mes de agosto
Bruxelas, 25 Setembro 2015. O pasado mes de agosto producíronse na área portuaria da cidade china de Tianjin dúas grandes explosións que tiveron como consecuencia o falecemento de 50 persoas e 700 feridas/os.

Como sinala o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol <https://cociudem.wordpress.com/&gt;, este feito deberíanos facer reflexionar sobre os riscos <https://cociudem.wordpress.com/2015/08/26/explosion/&gt; derivados da planta de gas que Reganosa ten instalada en Ferrolterra, unha instalación que, ademais, foi declarada ilegal polo Tribunal Supremo <https://docs.google.com/file/d/0B5Gwc-gBZgsuTVMzem82LVlQMzg/edit?pli=1&gt; no ano 2012.

No día de onte, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, rexistrou unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea poñéndoa en coñecemento da indignantemente neglixente ubicación desta planta, -localizada a menos de 200m do centro urbano de Meha, a 800m do arsenal militar, a 900m do núcleo de Mugardos, e xunto ao complexo petroquímico de Forestal do Atlántico-. Unha instalación que actualmente almacena perto de 300.000m³ de combustíbel e produtos químicos, “superando en 85.000 veces a
potencia da explosión máis forte das acontecidas en Tianjin”.
Malia esta obxectiva perigosidade para a poboación, que en numerosas ocasións ten visibilizado a súa oposición a Reganosa, nomeadamente tentando impedir a entrada de gaseiros na ría, *”estase promovendo a súa ampliación
co apoio do Goberno da Xunta”*, denuncia Senra diante da Comisión.
Dado que parte desta ampliación sería realizada con financiamento europeo, a eurodeputada galega solicitou saber se a Comisión é coñecedora de que estaría “financiando e lexitimando” as actividades de buques
transportadores de Gas Natural Liquado (GNL) na Ría, “aumentando as operacións con GNL na Ría e da actividade dunha fábrica de gas que ameaza a poboación da comarca de Ferrolterra”.
“Dende Alternativa Galega de Esquerda témolo claro: PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA!”, sentenciou Senra, “e dende os espazos políticos onde estamos presentes faremos todo o que estea nas nosas mans para denunciar a grave
ameaza baixo a que vive a cidadanía de Ferrolterra, así como a connivencia política que permite que, malia ter sido declarada ilegal no ano 2012, non só se estea barallando a súa ampliación, se non que para poñer inda en máis
risco as nosas vidas, van gastar orzamento público. Resulta perverso que, nunha situación de emerxencia social como a que estamos a vivir, a Xunta prefira gastar cartos en reforzar unha industria lesiva para o medioambiente e perigosa para a cidadanía, en lugar de afrontar as necesidades que están abafando á poboación, unha situación da que a comarca de Ferrolterra, lamentábelmente, é claro exemplo.”

[1] Adxunta
*Lídia Senra*, eurodeputada de *Alternativa Galega de Esquerda en Europa *(AGEe), integrada no *Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica* (GUE/NGL)

*Tlf: 609 845 861 <609%20845%20861>, lidia.senra@europarl.europa.eu <lidia.senra@europarl.europa.eu> *

*http://ageuropa.gal/ <http://ageuropa.gal/>*

*https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez
<https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez>*

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Etiquetas: , , ,

You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: