O Comité Cidadá de Emerxencia no Parlamento Europeo

Engadimos a valoración das xestións, en defensa da nosa Ría, realizadas por unha Delegación do Comité Cidadán de Emerxencia na súa recente visita ao Parlamento Europeo:

O Comité Cidadá de Emerxencia no Parlamento Europeo

Unha delegación do CCE, composta por José Carlos Alvarez Feal, Rafael Pillado Lista e Manuel Rguez. Carballeira, acudiron conxuntamente cun total de 18 representantes de 12 colectivos, ao Parlamento Europeo, para denunciar o estado das nosas Rías e ríos e o desleixo das Administracións ao respecto. A xuntanza foi propiciada pola deputada de AGE, Lidia Senra, integrada no Grupo Parlamentar Europeo da Esquerda Unitaria Europea – Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).
Na reunión mantida na mañá do día 2 de decembro con todos os colectivos participantes na visita, cada un realizou unha presentación das súas actuacións e intercambiáronse experiencias, detectándose problemas comúns nas reclamacións e mobilizacións levadas a cabo por cada colectivo. Un factor común é a forma de actuar das administracións, que lonxe de facer caso ás alegacións iniciais, forzan a trasladar aos xulgados, demorando no tempo as resolucións. Un problema que xera esta demora nos temas de *medioambiente é que pode provocar un estado de recuperación máis difícil ou imposible.


Na xuntanza mantida pola tarde do 2 de decembro con José Manuel Servert, pertencente á Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea na unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas, o CCE presentou un amplo documento que recolle a situación real a dia de hoxe do estado da nosa Ria, e das agresións mediambientais que sofre.
O estada da auga da Ria, os efectos perniciosos dos verquidos do complexo petroquímico de Forestal, o uso fraudulento do sistema de regasificacion da planta de Reganosa,… etc.
Foi demandada a intervención das autoridades europeas, ante os reiterados incumprimentos da Xunta de Galicia coas directivas europeas, lembrando en concreto o compromiso adquirido pola Xunta coa Delegación do Parlamento Europeo na visita á Ria de Ferrol en Febreiro de 2013, cando se anunciou que a finais de ese mesmo ano estaría posto en marcha o sistema depurativo da Ria, o que non acontece dous anos despois, é mais, non se sabe cando entrará en funcionamento, e ademáis a Xunta de Galicia autoriza a Forestal a seguir verquendo á Ria sen depuración previa algunha, e a Reganosa seguir coa súa agresión.
Jose Manuel Servet, lembrou os expedientes abertos polo incumprimento das directivas europeas ao respecto das Rías e en particular o aberto á Ria de Ferrol. En concreto confirmou que hai 4 procedementos de sanción abertos contra o estado español, que se agrupan por número de habitantes correspondentes a 36 aglomeracións, 12 destas son en Galicia. Nestes procedementos xa non se discute o incumprimento de Directiva Europea de Saneamento xa que en todas elas as datas de execución acordadas están excedidas. Agora só falta que se cumpra. Á parte da multa correspondente, o que a Comisión persegue é que se solucionen os problemas detectados, esixindo da administración demandada, sexa xeral do estado, ou autonómica, a fixación de asignacións orzamentarias, elaboración de proxectos, se é que non os teñen, e prazos de execución dos mesmos. Os procedementos priorízanse en función do número de habitantes equivalentes e da sensibilidade do medio onde se verte. Así a Ría de Ferrol, ten un procedemento específico como zona sensible. A Ría de Pontevedra tamén ten ese procedemento, que é do primeiro que esperan sentenza, en xaneiro do 2016.
Nunha fase máis inicial hai outro procedemento que afecta a 300 núcleos grandes, entre os que tamén se atopa Ferrol.
Un segundo aspecto a sinalar foi o compromiso adquirido de coordinación das diferentes colectivos que acudimos a Bruselas para valorar a posibilidade de realizar iniciativas conxuntas a nivel galego contra as agresións ao medioambiente.
Tamén se considerou conveniente establecer unha colaboración en canto a compartir información, traballos ou estudos xa realizados por cada colectivo. Proporase unha reunión no principio do ano 2016.

Ferrol a 4 de Decembro de 2015

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: