Explosión de gas en Nigeria
Polo menos 100 persoas morreron o mércores na explosión dunha planta de gas ao sueste do país. O sinistro tivo lugar cando un camión cisterna fixo unha mala manobra e descargou o contido dos tanques sen contemplar o tempo de refrixeración obrigatorio.
Logo da descarga produciuse unha gran explosión, seguida dun incendio que afectou á planta de gas e aos edificios e vehículos próximos ao accidente. Segundo a axencia de noticias Associated Press, entre operarios da fábrica e veciños que circulaban pola zona contabilizáronse polo menos 100 vítimas mortais e numerosos feridos. A empresa en cuestión pertence á firma Inter Corp. Oil Limited, dedicada ao tratado de gas licuado.
O CCE lembra que a Planta de Gas de Reganosa, situada no interior da nosa ría por mor dun pelotazo especulativo, consentido polas Administracións, é un risco permanente para toda a poboación da comarca.
Planta de Gas : ¡Peche xá!
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Deixar unha resposta