Nota Informativa do CCE sobre o ensaio da deteción dun paquete sospeitoso na planta de gas de Reganosa

Paquete8

Fai escasos días os medios de comunicación daban conta de que, nas instalacións da planta de gas de Reganosa, tiña lugar un ensaio para desactivar un paquete sospeitoso, no que participaban entre outros o grupo Tedax da Garda Civil- especialistas na desactivación de material explosivo-.
¿Por qué se fai este ensaio nas instalacions da planta de gas de Reganosa e non no poligono de Vilar do Colo?.
¿Non decían os promotores de Reganosa, durante a campaña publicitaria para impor a relocalización da planta dentro da Ría, que o GNL nin ardía nin estoupaba?
A planta de gas de Reganosa e una instalación perigosa cunha enorme capacidade letal 150.000 Tons de GNL a carón do complexo petroquímico de Forestal del Atlántico, que almacena 283.000 m³ de combustibles e productos químicos, con una capacidade enerxética equivalente a 1.800.000 tons. de TNT, a pouco mais de 100 m do núcleo de poboación de Mehá, a 800m do Arsenal Militar, a 900m do centro de Mugardos etc etc,.
Lembrabamos dende o Comité que a recente explosion na cidade portuaria china de Tianjin levouse por diante a vida de 170 persoas e a destruzón e contaminación dunha importante área xeográfica, a potencia segundo os medios da explosión máis potente, foi equivalente a 21 tons de TNT, nun caso semellante de corrupcion político-financiera que permitíu a instalación e almacenamento de substancias perigosas a menos de 500 m dos núcleos de poboación.
Recentemente ante a interpelación do grupo parlamentar de AGE no Parlamento de Galicia o Director Xeral da Enerxía , Angel Bernardo Tahoces dicía que a planta de Reganosa era unha instalación legal e segura pois contaba cun plan de emerxencia avalado polas administracións. Un plan de emerxencia exterior que establece unha exigua zona de intervención de tan só 173 m, zona de alerta 213 m, no caso máis desfavorábel, cando as distancias para unha planta coa mesma tecnoloxía e capacidade de almacenamento similar como é a de Bilbao son de 1467 m para zona de intervención e de 3049 m para a zona de alerta.
A planta de gas de Reganosa e unha instalación ilegal e perigosa que carece da Declaracion de Impacto Ambiental segundo sentencia do Supremo de maio de 2012, que infrixe toda a lexislacion básica de seguridade industrial e medioambiental. Os promotores de Reganosa co Goberno da Xunta do Sr. Feijoo, 8 anos despois da súa entrada en funcionamento en un novo alarde de desprezo á legalidade, á vida e á Ria pretenden “Legalizala”.
En xullo de 2002, dende o Comite Cidadán nos diriximos as diferentes autoridades europeas e norteamericanas para alertar dos perigos que supuñan a instalación da planta de gas de Reganosa no interior da Ría. Adxuntase o citado documento. A corrupción político-financieira, base da relocalización da planta no interior da Ria foi mais forte que a aplicación da normativa nacional e europea exixible.
A ameaza sobre a vida da cidadanía da contorna da Ria é real. Por iso a loita do CCE non cexará ate acadar o peche da actividade da planta ilegal e perigosa de Reganosa

Ler o documento: Escrito de Alerta EEUU / Europa

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: