Máis riscos para a poboación de Ferrolterra

comitecidadanMáis riscos para a poboación de Ferrolterra
Parécenos sorprendente que por parte da CE se aprobe subvencionar os novos atraques a unha empresa -Reganosa- que ten construído unha planta de gas sen aplicación das directivas europeas, que incumpre toda a lexislación medioambiental, por exemplo “Lei Seveso II” (vixente naquelas datas) sobre medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves, nos que interveñan sustancias perigosas, e que o Tribunal Supremo ditaminou a súa ilegalidade en sentencia de maio de 2012.
Unha instalación produto da corrupción político-financeira acontecida no estado español nas ultimas décadas, que non só goza da impunidade, senón que desde as organismos públicos como a Xunta de Galicia de Galicia, amparan.
A pretensión da ampliación da planta, o proxecto dos novos atraques nas instalacións de Reganosa para posibilitar o aprovisionamento de GNL dos barcos con ese tipo de propulsión, así como a utilización de gabarras para o mesmo fin, virán a aumentar as operacións de tráfico con GNL no interior da Ría, engadindo máis perigos á poboación dos que xa supoñen a planta e os gaseiros cargados con GNL.
No proxecto de construción figuraba como normativa aplicable a UNE-EN 1532. Esta norma especifica os requisitos para as instalacións en terra, así como para as do buque, para diminuír, que non eliminar, os riscos derivados da operación máis perigosa, que é a carga e descarga dun buque.
Entre eses riscos están: os efectos crioxénicos debidos ás temperaturas moi baixas do gas licuado (altas dilatacións-contraccións e fraxilización dos materiais en: brazos descarga, válvulas e tuberías), o risco potencial de incendio ou explosión por fugas, sobrepresión en tanques en terra e abordo causada pola transición rápida de fase (de líquido a vapor aumenta máis de 600 veces o seu volume). A estes riscos inherentes ao trasfego do gas natural engádense os do ambiente que rodea ao peirao (mareas, vento, tormentas, colisión con outro buque, etc.).
A ironía é que agora, baixo o suposto beneficio de garantir un punto de abastecemento para barcos que consuman GNL, incrementa-se o risco para a poboación ao aumentar o número de operacións de carga e descarga, á vez que aumenta o número de operacións de entrada-saída pola canle de entrada e polo tanto o seu risco que, nos estudos do CEDEX sobre navegabilidade de gaseiros conclúen que a probabilidade de risco de encallamento aumenta co número de operacións.
Se a planta estivera localizada, como estaba previsto, no Porto Exterior, mais afastada da poboación, non estaríamos nesta situación. Ao teimar, por pura cobiza especulativa, en metela dentro da Ría, representa unha ameaza crecente e real para toda la poboación que a rodea.
Ferrol a 09 de Febreiro de 2016

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: