Os Murais de Quessada están xa no Auditorio

63.IMG-20160302-WA0027

 

 

 

 

 

 

 

90.IMG-20160302-WA0052

 

 

 

 

 

 

 

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, súmase a satisfacción e agradecementos feitos públicos pola A.C. Fuco Buxán, asumindo o seu comunicado:

“A Asociación Cultural Fuco Buxán expresa a súa satisfacción e o seu agradecemento á Fundación Xaime Quessada Blanco e ao Goberno do Concello de Ferrol, que posibilitaron a exposición pública, de dúas importantes obras pictóricas relacionadas coa historia de Ferrol.
Desde hoxe, a cidadanía poderá disfrutar dos murais de Xaime Quessada Porto, no marco excepcional do Auditorio Municipal de Caranza, ambos realizados polo artista na Praza de Armas de Ferrol:

Mural Anti – OTAN, de 1981, feito a solicitude do PCG. (20 x 4 m.)

Mural en Defensa da Ría e da Vida, de 2002, a petición do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a ubicación da Planta de Gas. (16 x 2,40 m.)

Este acto foi o primeiro das vindeiras celebracións que farán do 2016 o “Ano Quessada en Ferrol”.

Parabéns á Alcaldía, Concellería de Cultura, Equipo de Goberno, Fundación Quessada Blanco, e a cantos/as contribuiron a facer posible esta importante manifestación artística e social que enriquece á cidade de Ferrol.

Ate o día 17 de marzo, pódese visitar en horario de 11,30 a 13 h e de 17 a 21 hs. Despois sempre que se asista aos actos programados no Auditorio.”

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: