O Supremo declara ilegal a Planta do Musel
O Tribunal Supremo acaba de declarar ilegal – como a Reganosa – a localización da Planta de Gas do Musel (Xixón), por estar situada – como Reganosa – a menos de 2.000 metros de núcleos de poboación, incumprindo por tanto o RAMINP (Regulamento de Actividades Molestas Insalubres Nocivas e Perigosas), normativa vixente no momento do inicio do Expediente de Construción.
A denuncia foi promovida polos Verdes de Asturias/EQUO en 2009 e tivo sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que foi recorrida polo Ministerio de Industria e ENAGÁS pero que agora ratifica o Supremo.
Construída por ENAGAS cun investimento de 382 millóns de euros nunca entrou en servizo, nin hai perspectivas, por non considerala necesaria o Sistema Gasístico.
A pesar diso leva percibidos desde 2012, 125 millóns dos fondos públicos cos que o sistema (a través das peaxes do gas que pagan os consumidores) retribuye á planta asturiana os seus custos financeiros e os do seu mantemento.
Outro disparate e outro fraude como o de REGANOSA, tamén ilegal, tamén perigosa (con distancias aínda máis reducidas á poboación e o risco engadido do tráfico de gaseiros na ría) e tamén innecesaria e tamén un gravame para o recibo dos consumidores polas retribucións do sistema gasístico.
O QUE DI ESTA SENTENZA:
«resulta aplicable en todos aqueles casos nos que o procedemento de autorización desta clase de instalacións iniciouse antes da entrada en vigor dunha Lei autonómica que excluíse a súa aplicación no territorio de que se trate, aínda que a resolución de autorización e declaración de utilidade pública produciuse xa baixo a vixencia desa Lei, o que concorre neste suposto, primeiro coa autorización administrativa previa de 2008 e logo, coa definitiva, de 2010».
REGANOSA iniciou o trámite ou solicitude para construír unha regasificadora na ría de FERROL en marzo de 1.999. O RAMINP derógase en Galicia o 2007 ¡8 anos despois !
Por tanto, o mesmo Tribunal e a mesma Sala, emitiu no caso de Reganosa unha sentenza distinta, desestimando o que agora admite no caso de Xixón, a pesar da maior diferenza temporal e da maior gravidade e proximidade a poboación da Planta de Mugardos.
Cuestión que pode considerar o Tribunal nas próximas sentenzas pendentes de emitir, relativas á Autorización Administrativa Previa e á Autorización de Construción. Sería de Xustiza.
Parabéns a cidadanía de Xixón e
¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
http://www.lne.es/gijon/2016/03/02/tribunal-supremo-ratifica-sentencia-declaro/1890902.html
http://cincodias.com/cincodias/2016/03/02/empresas/1456941027_704386.html
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: Planta de Gas, Reganosa, Xixón
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta