Nota do CCE ante a ilegal decisión do Goberno respecto a REGANOSA

comitecidadanNota do CCE tras o acordo do Goberno de excluír á Planta de Gas de Reganosa da Avaliación de Impacto Ambiental

O Consello de Ministros do Goberno en funcións no día de onte, acordou “excluír de maneira excepcional, do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos de autorización da planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) de REGANOSA en Mugardos (A Coruña)”,

Ante este feito, o CCE declara:

1º.- Con ese acordo o Goberno en funcións, pretende eludir a aplicación das Sentenzas do Tribunal Supremo, que determinou a radical ilegalidade da planta de gas de Reganosa, aplicación que debera ter como consecuencia, a paralización da actividade e a saída do sistema de retribucións.

2º.- Non é certo, ademais, que a paralización de Reganosa poña en perigo a subministración aos consumidores. Ao contrario, Reganosa supón un timo á cidadanía por canto nos custa preto de 60 millóns de euros ao ano. Mentres se ten paralizada a entrada de gas polo gasoduto de Tui, tal como viña sucedendo antes do 2007, gasodutos que teñen capacidade para subministrar gas, tanto aos ciclos como aos usuarios domésticos.

3º.- Estamos diante dun acordo ilegal que pretende saltarse a legalidade ambiental  e de seguridade, tanto do Estado, como europea. Esta decisión, retrata a un goberno corrupto e situado á marxe da lei.

4º.-. O Comité Cidadán de Emerxencia, procederá con todo os recursos xuridicos e legais ao seu alcance, que lle brinda o Estado de dereito,  até conseguir a revogación do acordo ilegal do Consello de Ministros. Así mesmo o CCE fai un chamamento ás forzas políticas e sociais a pronunciarse en defensa do Estado de dereito, así como á ciudanía a mobilizarse  en cumprimento da legalidade.

Con eses obxectivos, o CCE celebrará un acto público, que intenta reunir todo o apoio e solidariedade con esta loita tan desigual, David contra Goliat, que non pensamos abandonar.

Convidamos a toda a cidadanía a asistir ao próximo acto do xoves 2 de xuño que se celebrará no Centro Cívico Carvalho Calero de Ferrol, ás 19h.

Ferrolterra, 28 de maio de 2016

IMG-20160524-WA0000

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: