O PS de G – PSOE de Ferrol pide que se cumpla a Lei respecto a REGANOSA

PSOEO GOBERNO EN FUNCIÓNS DEBE DEIXAR DE FACER POLÍTICA DE DESPACHOS EN CONTRA DOS CIDADÁNS E CUMPRIR A LEI CON REGANOSA

A decisión do Goberno en funcións de saltarse as decisións xudiciais para evitar a paralización de Reganosa roza a ilegalidade e prioriza os intereses económicos á seguridade cidadán e a defensa medioambiental

Ferrol, 31 de maio.

Dende o Partido Socialista de Ferrol reclamamos ó goberno en funcións do Partido Popular que deixe de facer política de despachos, en contra dos intereses dos cidadáns, e cumpra coa legalidade na pranta de gas de Reganosa.

Cremos que a decisión do Goberno en funcións de excluír “de maneira excepcional” do trámite de avaliación de impacto ambiental ós proxectos de autorización da planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) de Reganosa de Mugardos co fin de evitar a súa paralización, roza a ilegalidade.

Dende o Partido Socialista entendemos que o cumprimento da lei ten que estar por riba de intereses económicos ou particulares, polo que resultan de obrigado cumprimento as sentenzas do Tribunal Supremo que anularon a autorización administrativa previa de 2002 para a instalación da pranta en Mugardos e o proxecto de execución de 2004 porque no momento de emitirse non existía un instrumento de planificación urbanístico adecuado.

A decisión do Goberno reflexa o desprezo do Partido Popular ás resolución xudiciais e ós intereses da cidadanía, cunha xustificación de que se está a evitar a paralización prolongada da actividade que non consideramos real. O mesmo gobernó mantén paralizados os gasoductos que suministrarían gas tanto para consumo doméstico como industrial dos ciclos combinados.

En Galicia Ártabra Digital

En Ferrol 360

Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: