Éxito do acto de celebración das sentenzas do Tribunal Supremo contra Reganosa
Aínda que temos pensado publicar tanto o vídeo do evento do pasado xoves 2 de xuño, como o audio -gravado por cortesía de Radio FilispiM- dende o Comité Cidadán de Emerxencia non podemos evitar publicar unhas liñas para destacar o éxito rotundo deste acto, e o noso agradecemento por telo compartido con todas e todos vos.
Sen dúbida, tal e como sinalaba o poema de Torregrosa, “mereceu a pena” unha loita tan longa, pois o premio é tamén inmenso: unha victoria recoñecida polo máis alto Tribunal deste reino de España, que lles obrigou a facer unha manobra que, tal e como explicou a nosa Patricia Gabeiras, excede do legal, e os retrata a eles, e a este caso, como o que verdadeiramente sempre foi. Pero non so iso: o privilexio de celebralo rodeado de tantas amigas e amigos, de todas aquelas persoas que quedaron no camiño pero que recordamos co máis profundo afecto, e de tódalas organizacións que agora respaldan a nosa loita.
Se ben a citada manobra deste goberno en funcións pon unha nota amarga e discordante nesta celebración -que por certo, contou con moi boa música-, tamén serve para anunciar o desenlace final deste despropósito que é e sempre foi Reganosa.
A todas e todos vos: grazas. Deixemos para eles as desgrazas. Non faremos conta atrás, pero sí berraremos moi forte: PLANTA DE GAS, PECHE XA!
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Deixar unha resposta