Audio e Fotos do Acto celebrado o pasado 2 de xuño
O CCE agradece ao Colectivo Opaii – Ràdio FilispiM, a grabación do Acto do pasado 2 de xuño, no Centro Cívico Carvalho Calero, que contou coa participación de todo o movemento opositor a REGANOSA, e no que interviron representantes das Asociacións Veciñais, Ecoloxistas, Culturais, Cofradias da Ría, Partidos Políticos, Alcaldes, persoas da Cultura e a vida social da comarca, membros do Comité Cidadán de Emerxencia, e a súa Asesora Xurídica Patricia Gabeiras.
Agradecemos tamén a desinteresada colaboración Musical de Roger de Flor e Manolo Bacallao, e especialmente o apoio e compromiso da cidadanía neste acto e nos máis de 15 anos de loita contra o despropósito e a corrupción que supón esta Planta de Gas dentro da nosa Ría.
PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas
Deixar unha resposta