O CCE denuncia no Xulgado de Ferrol a próxima entrada dun gaseiro cargado de GNL.

La vista se celebró en el Juzgado de lo Penal 2 de Ferroljorge meis

Foto Diario de Ferrol jorge meis

Ante a inminente chegada dun gaseiro cargado con GNL a nosa Ría, representantes das Asociacións:

  • Plataforma de Veciños “O Cruceiro de Mehá” de Mugardos.
  • Asociación Cultural FUCO BUXÁN, de Ferrol
  • Asociación Ecoloxista ADEGA, de Ferrol

integradas no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentaron ante o Xulgado de Ferrol a seguinte DENUNCIA:

A planta de regasificación de REGANOSA, localizada en Punta Promontoiro, no Concello de Mugardos, non dispón de autorización para o seu funcionamento por sentenzas firmes do Tribunal Supremo que foron comunicadas ás distintas Administracións.

Temos coñecemento, a través do Xestor Técnico do Sistema Gasístico (ENAGÁS), que, coa pleamar do día 19 de xuño, ten prevista a entrada o buque gaseiro “Castillo de Villalba” na Ría de Ferrol e o posterior atraque no pantalán de REGANOSA, para descargar gas natural licuado que será almacenado nos tanques de que dispón esta empresa e que posteriormente sería incorporado ao Sistema Gasista do Estado

Todas estas operacións entrañan un risco para as poboacións próximas e supoñen un evidente menosprezo ás decisións do máis alto Tribunal do Estado, feitos que poderían constituír un delito de desobediencia á autoridade; contra a ordenación do territorio e contra a seguridade colectiva. Esta actitude reincidente – posto que é o terceiro buque que realiza estas operacións tras as sentenzas citadas – motivou xa unha denuncia pola nosa banda ante o xulgado de garda o día 21 de maio deste ano.

Consideramos responsables destas actuacións ao Capitán Marítimo de Ferrol: Jorge Cao, ao Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao: José Vilariño, ao Director de REGANOSA: Emilio Bruquetas, e ao Director Xeral do Xestor Técnico do Sistema Gasista de ENAGAS.

Ferrol, a 17 de xuño 2016.

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: