Lidia Senra alerta á C E da vulneración legal implícita na autorización de Reganosa forzada polo PP

  • 20160715_094824
  • Denunciamos na CE que o PP teima en favorecer unha instalación perigosa para a poboación declarada “ilegal” até en dúas ocasións polo TS
  • Apuntamos a urxencia de reverter esta aprobación, por carecer de avaliación de impacto e non ter sido sometida a consulta pública

 Bruxelas, 14 Xullo2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, rexistrou no día de hoxe dúas preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea (CE)[1], empregando para unha delas a posibilidade de rexistrala pola vía de urxencia -permitida unicamente unha vez ao mes-, denunciando a través destas comunicacións a escandalosa complicidade do Partido Popular (PP), a través da Xunta de Galicia e o Goberno do Estado en funcións, ca planta de gas licuado Reganosa, da que o seu principal accionista é o Grupo Tojeiro (50,69 % das accións), seguido pola propia Xunta de Galicia (24,31 % das accións)[2].

 A través da pregunta rexistrada pola vía ordinaria puxemos en coñecemento da Comisión Europea o feito de que, malia que o Tribunal Supremo do Estado Español anulou as resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do 3 de xuño de 2002 -instalación da planta- e 13 de febreiro de 2004 -proxecto de execución- relativas a Reganosa[3], o Consello de Ministros en funcións -dominado polo Partido Popular- acordou no mes de maio excluír do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos da planta de recepción, almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL), apenas tres meses despois de que o Goberno da Xunta de Galicia, tamén controlado polo Partido Popular, desembolsara 8,9 millóns de euros converténdose no segundo accionista desta empresa.

Ademais, para poder eludir cumprir as sentencias do Tribunal Supremo, o Consello de Ministros alegou a suposta aplicación do Artigo 8.3 da Lei 21/2013, de 9 de decembro de Avaliación Ambiental. Sen embargo, este Artigo indica precisamente que so proxectos declarados de especial interese para a seguridade pública poden ficar exentos de avaliación ambiental, o cal resulta totalmente contraditorio na súa aplicación a unha instalación como Reganosa, que constitúe en si mesma un atentado contra a seguridade pública ao estar neglixentemente ubicada a menos de 200m do centro urbano de Mehá, a 800m dun arsenal militar, a 900m do núcleo de Mugardos e xunto ao complexo petroquímico de Forestal do Atlántico.

Por outra banda, esta tramitación de urxencia que derivou na Resolución da Dirección Xeral de Minas do 7 de xullo (BOE 9 de xullo de 2016), pola que se concede autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da pranta feita polo Goberno en funcións, non foi sometida a consulta, tal e como establece a Directiva 2012/18 UE do Parlamento e do Consello de 4 de xullo de 2012, polo que preguntamos directamente a Comisión Europea que mecanismos pensa adoptar para reverter esta situación.

 Asemade, queremos concretar a través destas pregunta se o Goberno español informou á Comisión previamente á concesión desta autorización, tal e como establece o Art 2.4 da Directiva 2011/92 e, no seu caso, en que data concreta e a través de que documentación.

Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: