A Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE

IMG-20160805-WA0016

VER ÁLBUM FOTOGRÁFICO

Hoxe, no Ateneo Ferrolán, o Comité Cidadán de Emerxencia ofreceu unha Rolda de Prensa, que contou coa presenza e o apoio explícito da Deputada de EnMarea Yolanda Díaz,  dos Concelleiros Suso Basterrechea e Sainza Ruíz por Ferrol en Común, Beatriz Sestayo, Rosa Méndez e Germán Costoya polo PS de G – PSOE,e  Iván Rivas polo BNG.

Ante os medios de comunicación e as persoas asistentes, a título personal o en representación de moitas das Entidades e Asociacións que compoñen este CCE, o Coordinador amosou a satisfacción do Comité polas catro sentenzas favorables do Tribunal Supremo, facendo especial análise da última, referente a anulación de Plan de Emerxencia Exterior e desmentindo as manifestacións de REGANOSA de que hai outro vixente de 2013, posto que a pesar  de non axustarse tampouco á legalidade caduca aos tres anos.

Púxose de manifesto que o acordo do consello de ministros en funcións presidido por Rajoy, do 27 de Maio, ao excluír a Reganosa da aplicación da lexislación medioambiental e o das posteriores autorizacións concedidas, constitúen un desacato ás sentencias do Supremo, un  golpe contra o estado de dereito.

Tanto o Goberno de Rajoy como o da Xunta de Galicia (Feijoo) están implicados nunha actuación corrupta a prol do grupo empresarial de Reganosa.

Yolanda Díaz enumerou as iniciativas presentadas no Congreso polo seu Grupo Parlamentario e os portavoces dos Grupos Municipais manifestaron o seu apoio a CCE e Á legalidade demandando o cumprimento das Sentenzas do Supremo que reiteradamente declaran a REGANOSA  fora da legalidade, e exixindo o cese da actividade nesta Planta perigosa, innecesaria e economicamente deficitaria e a súa saida do Sistema Retributivo.

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

 

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: