O CCE súmase a Homenaxe a nosa compañeira Gelines

20161123_gelines_cartaz

O Comité Cidadán de Emerxencia que conta sempre coa participación de Gelines, apoia gustosamente esta merecida Homenaxe

Este mércores 23 de novembro, ás 20:00h, Fuco Buxán organiza unha homenaxe á nosa compañeira Ángeles Rivera Torres “Gelines” no Ateneo Ferrolán.

Gelines naceu en Ferrol Vello en 1938, no seo dunha familia traballadora e de esquerdas. Entrou a traballar na PYSBE con tan so 14 anos, e pronto liderou a loita por mellorar o salario e as duras condicións laborais na factoría. Detida e xulgada no TOP -Tribunal de Orde Pública-, padeceu o rigor dos cárceres da ditadura. Máis tarde coñecería a emigración, e a separación da súa familia.

Hoxe día continúa sendo partícipe desa cultura da solidariedade, estando presente en tódolos movementos sociais na procura dunha sociedade mellor.

É por isto que os seus compañeiros e compañeiras de Fuco Buxán convidámosvos a asistir a este acto que servirá como sinxelo recoñecemento a unha vida de compromiso.

Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: