Arquivo para Xaneiro 2017

Hoxe Patricia Gabeiras recibíu o Premio de ADEGA

Xaneiro 28, 2017

16179105_1393620007368950_3628304205032335376_o

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

https://goo.gl/photos/LmSMZQDLcZsTpiLL7

Hoxe, Patricia Gabeiras, avogada e asesora xurídica do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, recibíu o PREMIO OSÍXENO, co que a Asociación Ecoloxista ADEGA distingue a súa dedicación, eficaz e desinteresada, por máis de 15 anos, á defensa da legalidade, da Ría e da vida da veciñanza, ante a irracionalidade da Planta de Gas de REGANOSA, que, coa complicidade das Administracións, é un perigo permanente nesta comarca.

Unha delegación do CCE acompañou a Patricia na entrega de tan merecido premio, facéndolle patente o seu agradecemento polo seu importante e imprescindible traballo que foi fundamental para conquerir a declaración de ilegalidade da Planta polo Tribunal Supremo.

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Advertisements

ADEGA premia a Patricia Gabeiras, Avogada do Comité Cidadán de Emerxencia.

Xaneiro 20, 2017

patricia

A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza, ADEGA, acaba de outorgar o Premio OSÍXENO 2016, categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez, avogada e asesora xurídica deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción”.

O CCE acolle esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos.

ox-diox-13-bigNesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, estiveron moi presentes no fallo deste ano.

Os premios entregaranse no decurso dun xantar de confraternización que terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro a partires das 14:30h no restaurante A Marola (Hotel Zenit Coruña, r/ Comandante Fontanes 19, A Coruña).

Máis información na Web de ADEGA

Venres 20 xaneiro: CONCENTRACIÓN entrada gaseiro nº 220

Xaneiro 17, 2017

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL. nº 220, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

venres, 20 de xaneiro ás 19 h

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada Garcia – Ferrol

 

PRANTA DE GAS:  PECHE XÁ !