Arquivo para Febreiro 11, 2017

Homenaxe a Victoria e Carmelo : álbum fotos

Febreiro 11, 2017

dsc00052_redimensionar

ALBUM FOTOGRÁFICO

Hoxe, sábado 11 de febreiro, un grupo de seguidores do Comité Cidadán de Emerxencia, celebrou en Caranza, un acto en lembranza a Victoria Fernández Paredes e a Carmelo Teixeiro Menéndez, quen fora primeiro Coordinador deste Comité, (falecidos en 2013 e 2008, respectivamente), ambos, exemplo de compromiso e solidariedade con todas as causas sociais e uns dos pioneiros na loita en defensa da legalidade, da ría e da vida, fronte á ameaza da Pranta de Gas de REGANOSA.

Iniciouse o Acto, cunha ofrenda floral, na placa existente entre os tres carballos prantados no parque que leva o nome de Carmelo, en Caranza, e continuou coas intervencións de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador, e Lupe Ces, membro do CCE, a lectura dun poema de José Torregrosa e pechouse coas notas do violín de Estrela Gómez Viñas.