Arquivo para Febreiro 15, 2017

Lídia Senra no pleno do Parlamento Europeo: “Obriguen a facer o saneamento das nosas rías”

Febreiro 15, 2017

unnamed

A eurodeputada toma a palabra en Estrasburgo para denunciar que as multas ao Estado non están resolvendo a contaminación das augas

A europarlamentaria galega denuncia que perigan os postos de traballo das mariscadoras e mariscadores de Galiza

Estrasburgo, 14 de febreiro de 2017Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra no pleno do Parlamento Europeo, que se celebra esta semana en Estrasburgo, para denunciar a situación de alarmante contaminación na que se atopan boa parte das rías galegas e que afecta moi negativamente tanto á saúde das persoas, como ao medio ambiente e aos postos de traballo das diferentes zonas.

A simple penalización económica ao Estado español por estas situacións non serve, xa que é o pobo quen a paga. Obriguen a facer o saneamento de forma efectiva”, reclamou a europarlamentaria, o luns pola noite, durante as quendas de 1 minuto de intervencións libres. Deste xeito, referíase a deputada  a que, a pesar das sancións ao Estado Español por incumprir as normas en materia de saneamento de varias zonas, tamén na Galiza, a contaminación das rías segue sen resolver. Para Senra, isto non soluciona o verdadeiro problema, aue é que a pesar das multas, as rías seguen sen sanearse. (máis…)

Advertisements