Lídia Senra no pleno do Parlamento Europeo: “Obriguen a facer o saneamento das nosas rías”

unnamed

A eurodeputada toma a palabra en Estrasburgo para denunciar que as multas ao Estado non están resolvendo a contaminación das augas

A europarlamentaria galega denuncia que perigan os postos de traballo das mariscadoras e mariscadores de Galiza

Estrasburgo, 14 de febreiro de 2017Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra no pleno do Parlamento Europeo, que se celebra esta semana en Estrasburgo, para denunciar a situación de alarmante contaminación na que se atopan boa parte das rías galegas e que afecta moi negativamente tanto á saúde das persoas, como ao medio ambiente e aos postos de traballo das diferentes zonas.

A simple penalización económica ao Estado español por estas situacións non serve, xa que é o pobo quen a paga. Obriguen a facer o saneamento de forma efectiva”, reclamou a europarlamentaria, o luns pola noite, durante as quendas de 1 minuto de intervencións libres. Deste xeito, referíase a deputada  a que, a pesar das sancións ao Estado Español por incumprir as normas en materia de saneamento de varias zonas, tamén na Galiza, a contaminación das rías segue sen resolver. Para Senra, isto non soluciona o verdadeiro problema, aue é que a pesar das multas, as rías seguen sen sanearse.

Neste sentido, a deputada na Eurocámara denunciou que as mariscadoras e mariscadores das rías galegas están a sufrir peches “frecuentes” das áreas onde traballan, así como a alta mortandade dos mariscos a causa da contaminación das augas e dos lodos acumulados, que ameazan directamente a supervivencia dos seus postos de traballo. “As fontes de contaminación nas rías galegas son diversas: a celulosa de Pontevedra, a mina de San Finx en Lousame, pero tamén o mal funcionamento das depuradoras de augas residuais ou que non se acometan os proxectos de limpeza e saneamento precisos. As rías do Burgo, Ferrol, Noia ou Pontevedra son só algúns exemplos desta dramática situación”, dixo.

Así, Lídia Senra realizou na súa intervención un chamamento á Comisión Europea para que obrigue ás autoridades galegas e do Estado español a poñer en marcha “todas as medidas que foran precisas para atallar esta situación e acometer dunha vez por todas o saneamento e a rexeneración das rías galegas e para que as augas residuais urbanas sexan debidamente recollidas e tratadas”.

Enlace á intervención:

https://www.youtube.com/watch?v=UpgJSXnnY38

Pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo [13/02/2017] Quenda de 1 minuto de palabra libre

TEMA DA INTERVENCIÓN

Contaminación das augas das rías e ríos da Galiza

ENLACE Á INTERVENCIÓN

https://www.youtube.com/watch?v=UpgJSXnnY38

 

Máis información e/ou entrevistas:

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Tlf: 609 845 861  

lidia.senra@europarl.europa.eu 

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067
Tlf.: +34.653.098.018
www.ageuropa.gal
Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: