Arquivo para Abril 2017

Puntualizacións a entrada do gaseiro “Al Utouriya”

Abril 27, 2017

(foto La Voz de Galicia)

Con motivo da entrada na Ría, o pasado martes,  do gaseiro “Al Utouriya”, cargado de GNL, os medios de comunicación daban a noticia como un novo fito para REGANOSA. ¡O maior gaseiro que entrou ata agora!.

Certo é que polas súas dimensións é o maior dos que entraron, o que nunha primeira lectura traduciríase como un éxito polo abaratamento de custos, con todo  isto non é así. Aínda que o gaseiro é o maior, veu con 2/3 da súa carga nominal. En concreto descargou, entre os días 25 e 26 de abril, 140.500 m3 (datos de Enagas Gestor), cando a súa capacidade máxima, e así o anunciaban aos catro ventos, é de 215.000 m3.

A razón pola que veu con carga reducida é moi sinxela: a canle de entrada está limitado en calado. Este buque ten un calado máximo de 12,3 metros, pero entrou con 11,1 porque está obrigado a deixar unha marxe respecto ao fondo dun 12 % do seu calado.

Unha vez máis queda en evidencia que a localización da planta en Mugardos non é a idónea, deixando aparte o risco para a poboación,  polas limitacións para a entrada e saída de gaseiros, problema que non se daría se se situase a Planta no Porto Exterior, como se planificou inicialmente, e que se cambiou para o interior da Ría para dar beneficio exclusivamente aos promotores de REGANOSA, nunha clara manobra de corruptela económica auspiciada polo goberno do Partido Popular.

Accidente del Gasero “Sevilla Knutsen”

Abril 26, 2017

El gasero Sevilla Knutsen  encalló en un arrecife o atolón en el Pacífico Norte durante un viaje desde Japón a Australia. El accidente ocurrió el 17 de abril y el gasero sufrió daños significativos en el casco, incluyendo unas brechas  con entrada de agua. El buque permaneció a flote, pero algunos tanques de lastre fueron inundados. La tripulación logró controlar la situación mediante el lastrado y evitó un accidente más grave. El barco fue de nuevo reflotado por sus propios medios y tomó rumbo a la base naval americana en Guanon, pero el ejército de los EEUU prohibió la entrada del barco y ofreció la evacuación de la tripulación. El buque no estaba en apuros y rechazó la propuesta, cambiando de rumbo con velocidad reducida a Cebú, Filipinas.

El gasero Sevilla Knutsen navega ahora a través del Mar de Filipinas con Maniobrabilidad Restringida. Se informó a las autoridades locales sobre el estado del buque y estimó que no hay peligro inmediato para la tripulación. Se espera que el buque llegue a Cebú el 24 de abril.

Las autoridades locales iniciaron la investigación para analizar la causa del accidente. De acuerdo con la tripulación, el buque encalló en un arrecife o atolón, que no estaba señalado  en las cartas de navegación.


El gasero Sevilla Knutsen (IMO: 9414632) tiene una eslora total de 290,00 m, manga de 46,00 my un calado máximo de 10,00 m. El peso muerto del buque es 97.730 DWT 

http://www.maritimeherald.com/2017/lng-carrier-sevilla-knutsen-damaged-after-grounding-in-north-pacific/

martes 25 CONCENTRACIÓN Gaseiro nº 223

Abril 21, 2017

Estando prevista, a entrada na Ría do gaseiro nº 223, cargado con GNL- “Al Utouriya”-, O BUQUE DE MAIOR TAMAÑO DOS CHEGADOS ATA AGORA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

martes, 25 de abril 2017

ás 20 horas, (oito da tarde)

HORARIO DE VERÁN

diante do Edificio da xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

Características do buque:

Bandeira .- Islas Marshall, Eslora.- 315 m, Manga.- 50 m, Calado.- 12.3 m, Capacidade.- 215 000 m3

O CCE precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais

Abril 11, 2017

O CCE precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais logo de que o Goberno de Rajoi decidira excluir á planta de gas de Reganosa da aplicación da Sentencia do Supremo.

Estimad@s simpatizantes na causa contra a planta de gas de Reganosa,

O pasado 2014, fixémosvos unha solicitude de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria, superando os 3.000 €. Queremos agradecérvolo a todas aquelas persoas que fixéchedes este importante esforzo.

Como sabedes desde hai case 16 anos, contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de vari@s avogad@s, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas, sen que isto supuxera maior gasto que o pago aos procuradores, de moita menor cuantía que o que serían as minutas d@s avogad@s.

Recordarvos de novo que a lei de taxas 10/2012 do 20 de novembro, supuxo un cambio e unha barreira importante para poder continuar cos procedementos que temos en marcha. Para unha interposición de recurso contencioso administrativo hai que ingresar 350 €; para un recurso de apelación, 800 €; para un recurso de casación, 1.200 €. Aínda que a lei de taxas foi anulada polo Constitucional, supuxo unha importante sangría para as nosas finanzas.

Para a Administración estes gastos non supoñen ningún cambio porque está exenta do seu pago, e para Reganosa eses importes son unha nimiedade fronte aos ingresos millonarios que ten a través das retribucións do sistema gasista. Neste ano 2017 vai recibir máis de 51 millóns de euros do diñeiro público, en concepto de amortización da inversión, retribución financeira e custes de operación e mantemento fixos. Aparte recibirá os importes variables en función da súa actividade: peaxes por volume de regasificación, carga e descarga de buques, carga de cisternas e postas en frío de gaseiros.

Todos estes importes pagámolos entre toda a cidadanía, no noso recibo de butano, propano ou gas natural canalizado. Para o CCE, porén, supón unha importante carga económica que debemos afrontar só cos nosos propios medios.

Ademais deste espolio hai outro abuso propiciado polos tribunais. Mentres este Comité foi condenado a Costas no recurso contra as verteduras que perdemos, Reganosa e o Estado que perderon 3 sentenzas no Supremo contra as autorizacións previa, a de construción e o Plan de Emerxencia Exterior non foron condenados a costas.

Aparte doutros gastos empregados noutras actividades (custes das mensaxes de aviso de entradas de gaseiros, fotocopias de cartaces, documentación, etc.), ao longo de todo o ano 2016, temos feito pagos por valor de  máis de 6300 €. Na folla que acompaña facemos unha relación deles. Fixemos frente a estes gastos, cos fondos acumulados de loterías e outros actos organizados nos últimos tres anos, que conseguimos grazas a todas e todos vós.

Agora unha vez máis necesitamos unha aportación extra para poder continuar os procesos pendentes contra as novas autorizacións administrativa previa, a de construción e contra o acordo do Consello de Ministros en funcións que as propiciaron ao excluílo do cumprimento do trámite de avaliación ambiental. Inmediatamente temos que dispor de 900 € para as provisións de fondos para este tres procedementos. Á parte debemos afrontar os gastos derivados co que está admitido a trámite no Supremo contra a modificación Puntual do Plan de Ordenación de Mugardos do 2012, realizada  por mor doutra  sentenza do Supremo que anulaba ao plan anterior que facilitou a concesión as autorizacións iniciais da planta.

É difícil poder concretar unha cantidade media a aportar, porque sempre vai depender da situación económica de cada quen. Barállanse cifras orientativas de uns 150 a 300 euros por asociación e de 20 a 40 euros (ou máis se se pode) por persoa a título individual.

Unha vez máis, moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!

Relación de gastos xudiciais ano 2016

Data                                   Concepto                                                            Importe

08/07/2016        Honorarios procurador en el 4661/12                       584,82 €

05/09/2016        Tasa recurso casación en 1768/16                            1.161,00  €

08/11/2016         Depósito Casación contencioso 4290/08                   50,00 €

29/11/2016         Provisión de  fondos en                 1768/16                               220,00 €

26/12/2016         Pago costas en 1517000089453710                          2.169,00 €

28/12/2016         Liquidación final procurador en 2070/14                168,08 €

30/12/2016         Liquidación final procurador en 35/04                      530,53 €

02/01/2107        Liquidación final procurador en 966/04                1.001,22 €

30/03/2017        Provisión de  fondos contra MINETUR                     450,00 €

TOTAL:                               6.334,65 €

 

Para axudas económicas:

C.c. no Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros

Desde España: 0049 3315 77 2894017995

Desde o Extranxeiro: IBAN ES 71 00493315772894017995

Ferrol a 12 de Abril de 2017

Nota de Prensa do CCE relativa a tese Cunha-Urgorri sobre REGANOSA

Abril 5, 2017

A tese Cunha-Urgorri, que nega a afectación da Ria polo impacto de Reganosa, carece de rigor e é contraria a estudos europeos feitos ao abeiro da CE, que califican o uso de biocidas e arrefriamento da auga como contaminación mariña.

Diferentes medios publicaban estes días a tese da investigadora da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, Xela Cunha, dirixida por Vitoriano Urgorri – responsable da estación-, na que se afirma que “a planta de gas de Reganosa non ten afectación nas augas da Ría. Na entrevista publicada na Voz (26-03-2017) ven a dicir: “ A estación da Graña e Reganosa levan traballando en conxunto desde finais de 2006. A tese abarca desde o ano 2007 ate o 2013 e dí que, “segundo os estudios na estación máis próxima á planta de Reganosa (dos catro estudados), non existen ningún descenso na riqueza especifica, é dicir, no número de especies que hai, e na abundancia, no número de exemplares de cada unha das especies. En cambio,” nas outras tres estacións observouse que foron descendendo os valores paulatinamente.

O resultado do “estudo” publicado agora, ven a coincidir coa opinión do director do estudo, Victoriano Urgorri, que xa no seu momento fixo por encargo un informe mediombiental que non puña obxeccións á relocalización da planta de Reganosa no interior da Ría, nunhas declaracións a El Pais, o 19 de Nov. 2007 di, a instalación de Reganosa non supón, segundo Urgorri, “un problema ambiental”. Un informe realizado por este e outros biólogos coas universidades de Santiago e Vigo, desmenten aos mariscadores, que vaticinaron un descenso na temperatura das aguas e un grave prexuízo para o marisqueo. Procede denunciar aquí o tratamento irregular que Augas de Galicia dá aos rexistros de datos de temperatura de saída da auga utilizada (un requisito imprescindible para a autorización de verteduras), utilizando só os valores medios diarios, co que os valores máximos e mínimos quedan totalmente enmascarados.

A tese onde se estuda o número de especies en catro estacións situadas desde 50 a 400 metros arredor da planta, asegúrase que na máis próxima a Reganosa foi na que os valores de abundancia e riqueza específica se mantiveron máis ou menos similares, desde 2007 a decembro de 2013. Baixo a opinión deste Comité, carece de rigor a comparación, ao non ter en conta factores como a degradación da Ria por vertidos urbanos, ou vertidos industriais, nas zonas das outras tres estacións estudadas. Ignórase a influencia das mareas e correntes que fan que o efecto do proceso de regasificación de Reganosa, se faga extensivo a toda a Ría, e non só localizado nun radio ao redor da mesma. Ademais, aplicando o sentido común, chégase á conclusión de que ao absorber Reganosa 13.200Tons./hora de auga da Ría, máis que o caudal medio do Rio Xubia, que conten microorganismos, larvas, algas, animais, …plancto en xeral, a base da vida da Ria, que logo é tratada con hipoclorito sódico (lixivia), e vertida á Ria cos restos de ese hipoclorito, esterilizada e devolta á Ría cunha redución da súa temperatura de 6ºC, ao longo destes 10 anos de funcionamento de Reganosa, algunha pegada habería que esperar que deixara no ecosistema da Ría. Outra cousa é que cos datos reais, a produción da planta nos 10 anos desde a súa posta en marcha, estivo sempre por baixo do 30 %, co que o volume de auga utilizada ata agora é moito menor do nominal, e polo tanto os efectos que se producen, sempre son menores, que se a planta funcionara tal e como foi planificada. Este Comité non pode máis que rechazar esta tese por interesada e manipulada. Ademais, nada novidosa por estar dirixida por un veterano defensor de Reganosa, Victoriano Urgorri, empresa para a que elaborou varios informes neste mesmo sentido.

Existen ademais estudos científicos que certifican que o sistema de limpeza de “fouling” (restos orgánicos nos sistemas de refrixeracións), que utilizan as industrias do tipo de Reganosa, a base de biocidas (hipocloritos), presentan unha alta toxicidade para os organismos do medio mariño. Estudos como os realizados ao abeiro da directiva marco sobre a estratexia mariña, Directiva 2008/56/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de Xuño de 2008, pola que se establece un marco de acción comunitaria para a política do medio mariño, que ten o obxectivo do bo estado ecolóxico das augas mariñas para o 2020. A Comunidade Europea, considera contaminación mariña o arrefriamento das augas e o uso de biocidas. Todas as plantas costeiras de GNL de EE.UU. (na costa e en alta mar) utilizan sistemas de circuito pechado de regasificación queimando parte do gas que regasifican.

Reiteramos que a planta de gas de Reganosa é unha instalación perigosa, un produto da corrupción político-financeira deste pais. A relocalización da planta no interior da Ría, nos terreos do Grupo Tojeiro, non tiveron máis razóns, que facilitar que este puidera afacerse con 30 millóns de euros, e blindar a permanencia in situ do complexo petroquímico de Forestal. Reganosa é unha instalación ilegal que o Supremo determinou en 4 Sentencias. O Goberno en funcións de Rajoi, en desacato ás sentencia, decidiu excluír a Reganosa da aplicación da lei, e outorgoulle pola vía de urxencia unha nova autorización.

A planta de Reganosa, cuxo funcionamento no 2016 non pasou do 28%, cústanos á cidadanía perto de 60 millóns de euros ao ano, namentres se mantén pechado o gasoducto de Tui, que abastecía de gas a Galicia, para xustificar o timo de Reganosa.

A planta de Reganosa levantouse sobre un recheo e dragado ilegais (máis superficie da concedida), onde se soterraron miles de toneladas de vertidos contaminantes sen illamento xeotextil, a carón dos bancos marisqueiros de A Barca, Noville e Sta. Lucia. Reganosa utiliza auga da ria para regasificar, modelo non contemplado na autorización de construción. Son 13.200 Tons/hora de auga tratada con hipoclorito sódico (lixivia) para a eliminación de microorganismos.

En Punta Promontoiro radica hoxe o principal foco de contaminación da nosa Ria, xunto á planta de Reganosa, o complexo petroquímico de Forestal ten autorizado pola Xunta verquer á Ría 27 millons de tons/ano.

A Tese de Xela Cunha, negando o carácter nocivo para o ecosistema da Ria, é un traballo de encargo ao servizo de quen o paga. Semella outros estudos “científicos”, como os que se realizaron cando se regulou o uso do tabaco, que probaban que o tabaco non era daniño para a saúde, financiados polas tabacaleiras; os que negaban o carácter nocivo do amianto, ou os que negan o cambio climático, pagados polas petroleiras. Esta tese máis que ocultar, amosa o carácter corrupto do produto.

Ferrol a 1 de Abril de 2017