O CCE precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais logo de que o Goberno de Rajoi decidira excluir á planta de gas de Reganosa da aplicación da Sentencia do Supremo.
Estimad@s simpatizantes na causa contra a planta de gas de Reganosa,
O pasado 2014, fixémosvos unha solicitude de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria, superando os 3.000 €. Queremos agradecérvolo a todas aquelas persoas que fixéchedes este importante esforzo.
Como sabedes desde hai case 16 anos, contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de vari@s avogad@s, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas, sen que isto supuxera maior gasto que o pago aos procuradores, de moita menor cuantía que o que serían as minutas d@s avogad@s.
Recordarvos de novo que a lei de taxas 10/2012 do 20 de novembro, supuxo un cambio e unha barreira importante para poder continuar cos procedementos que temos en marcha. Para unha interposición de recurso contencioso administrativo hai que ingresar 350 €; para un recurso de apelación, 800 €; para un recurso de casación, 1.200 €. Aínda que a lei de taxas foi anulada polo Constitucional, supuxo unha importante sangría para as nosas finanzas.
Para a Administración estes gastos non supoñen ningún cambio porque está exenta do seu pago, e para Reganosa eses importes son unha nimiedade fronte aos ingresos millonarios que ten a través das retribucións do sistema gasista. Neste ano 2017 vai recibir máis de 51 millóns de euros do diñeiro público, en concepto de amortización da inversión, retribución financeira e custes de operación e mantemento fixos. Aparte recibirá os importes variables en función da súa actividade: peaxes por volume de regasificación, carga e descarga de buques, carga de cisternas e postas en frío de gaseiros.
Todos estes importes pagámolos entre toda a cidadanía, no noso recibo de butano, propano ou gas natural canalizado. Para o CCE, porén, supón unha importante carga económica que debemos afrontar só cos nosos propios medios.
Ademais deste espolio hai outro abuso propiciado polos tribunais. Mentres este Comité foi condenado a Costas no recurso contra as verteduras que perdemos, Reganosa e o Estado que perderon 3 sentenzas no Supremo contra as autorizacións previa, a de construción e o Plan de Emerxencia Exterior non foron condenados a costas.
Aparte doutros gastos empregados noutras actividades (custes das mensaxes de aviso de entradas de gaseiros, fotocopias de cartaces, documentación, etc.), ao longo de todo o ano 2016, temos feito pagos por valor de máis de 6300 €. Na folla que acompaña facemos unha relación deles. Fixemos frente a estes gastos, cos fondos acumulados de loterías e outros actos organizados nos últimos tres anos, que conseguimos grazas a todas e todos vós.
Agora unha vez máis necesitamos unha aportación extra para poder continuar os procesos pendentes contra as novas autorizacións administrativa previa, a de construción e contra o acordo do Consello de Ministros en funcións que as propiciaron ao excluílo do cumprimento do trámite de avaliación ambiental. Inmediatamente temos que dispor de 900 € para as provisións de fondos para este tres procedementos. Á parte debemos afrontar os gastos derivados co que está admitido a trámite no Supremo contra a modificación Puntual do Plan de Ordenación de Mugardos do 2012, realizada por mor doutra sentenza do Supremo que anulaba ao plan anterior que facilitou a concesión as autorizacións iniciais da planta.
É difícil poder concretar unha cantidade media a aportar, porque sempre vai depender da situación económica de cada quen. Barállanse cifras orientativas de uns 150 a 300 euros por asociación e de 20 a 40 euros (ou máis se se pode) por persoa a título individual.
Unha vez máis, moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!
Relación de gastos xudiciais ano 2016
Data Concepto Importe
08/07/2016 Honorarios procurador en el 4661/12 584,82 €
05/09/2016 Tasa recurso casación en 1768/16 1.161,00 €
08/11/2016 Depósito Casación contencioso 4290/08 50,00 €
29/11/2016 Provisión de fondos en 1768/16 220,00 €
26/12/2016 Pago costas en 1517000089453710 2.169,00 €
28/12/2016 Liquidación final procurador en 2070/14 168,08 €
30/12/2016 Liquidación final procurador en 35/04 530,53 €
02/01/2107 Liquidación final procurador en 966/04 1.001,22 €
30/03/2017 Provisión de fondos contra MINETUR 450,00 €
TOTAL: 6.334,65 €
Para axudas económicas:
C.c. no Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España: 0049 3315 77 2894017995
Desde o Extranxeiro: IBAN ES 71 00493315772894017995
Ferrol a 12 de Abril de 2017