Arquivo para Maio 8, 2017

Sábado 20 : Xantar Solidario do Comité Cidadán de Emerxencia. Anímate!

Maio 8, 2017

O Comité Cidadán de Emerxencia, co fin de celebrar una xornada de convivencia  coas persoas que veñen apoiando as súas actividades  e de obter axuda económica coa que facer fronte aos gastos ocasionados polas demandas xudiciais contra a ubicación da Planta de Gas,  organiza o sábado 20 de maio, ás 14,30 hs, un Xantar Solidario ao que convida a todxs xs amigxs e simpatizantes.

Lugar: RESTAURANTE “A Grella do Avó”, O Carballo, 21  SEDES – Narón.

Enlace á ruta

Menú: Entrantes, arroz caldoso con centolo, segredo de porco branco, sobremesas, café, licores, 20 € + 5 € axuda ao CCE :  25 €

Menú infantil: Croquetas caseiras, segredo de porco branco e xeados.  5 €

Haberá música, cancións e boísima convivencia.  Animádevos e axudaremos ao CCE na súa loita en defensa da Vida e da Ría.

Data tope de Reserva:  18 de Maio.

Teléfs:  669208499  652201003  699548246

A visita do TRAMABUS a REGANOSA (fotos e prensa)

Maio 8, 2017

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

O pasado sábado, unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia acompañou desde Lugo ao TRAMABÚS de PODEMOS que fixo parada ante os tanques de REGANOSA, en Mugardos, onde agardaban varias deceas de persoas, convocadas polo CCE.

Alí, a compañeira Lupe Ces, en nome do Comité, resaltou os graves riscos para a poboación e para a sostenibilidade da Ría, así como o fraude económico e o enorme custo innecesario que para toda a cidadanía supón esta Planta de Gas, innecesaria, ilegal e perigosa.

Informacións en:

FERROL360.

PRAZA PÚBLICA

EL CORREO GALLEGO