A todo gas, liquado

 

Ivan Rivas

DIARIO DE FERROL. 16 de Mayo de 2017

A decisión do BNG de absterse no Parlamento galego na iniciativa do PP para “adaptar” Reganosa ao subministro de gas licuado é mostra dunha absoluta incompetencia da que o ou a súa responsable debería dar explicacións públicas.

Sobre Reganosa pesan catro sentenzas xudiciais que impedirían que esta planta seguise aberta se non é grazas a absolucións políticas como a que adoptou en 2016 un goberno do PP en funcións que lle facilitou os trámites e a eximiu de cumprir coa legalidade. É por tanto obvio que non se pode modernizar o que é ilegal do mesmo modo que non lle podo dar unha altura máis á miña casa se non teño permiso para construír. Se ademais censuramos as axudas políticas que permiten o funcionamento e ubicación de ENCE debemos facer o mesmo con Reganosa por moito que o actual goberno mugardés se afeite cara arriba. E se alguén no BNG quere manter posicionamentos mornos respecto de problemas estruturais desta cidade é libre de facelo pero non contará coa complicidade do BNG de Ferrol.

Iván Rivas é Portavoz do BNG no Concello de Ferrol.

http://www.diariodeferrol.com/opinion/ivan-rivas/a-todo-gas-liquado/20170515233332189778.html

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: