Moción de Ferrol en Común sobre REGANOSA

Moción sobre REGANOSA que Ferrol en Común presenta hoxe ao Pleno do Concello de Ferrol

25.05.2017

A planta de REGANOSA é unha instalación perigosa no interior da Ría de Ferrol, perigosa porque está instalada a pouco máis de 100 metros dos veciños de Mehá e a 900 m do Arsenal Militar e engadido a isto ten anexo un complexo petroquímico que almacena á súa vez 300.000 m³ de combustibles e produtos químicos. Situada esta bomba de reloxería no corazón da ría de Ferrol nun entorno de algo máis dos 100 000 habitantes.

O proxecto inicial de instalación data dos anos 90 e estaba prevista situala no Porto Exterior de Ferrol, pero os intereses do Grupo Tojeiro co apoio de Manuel Fraga Iribarne e o conselleiro de Economía Don José Oza, asinando un convenio Xunta/Reganosa foi recolocar a planta en terreos do Sr. Tojeiro constituíndo un auténtico pelotazo urbanístico gañando 30 000 000 € e favorecendo a instalación da devandita planta ao lado da empresa Forestal Atlántica.

Unha instalación que contaba con dúas Resolucións da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 2002 e 2004 e que foron alunadas en marzo de 2016 pola sección terceira da Sala do Contencioso – Administrativo do Tribunal Supremo que dictou sentenzas que afectaban a autorización administrativa previa para a instalación da citada planta de recepción, almacenamiento e regasificación de GNL e ao proxecto de execución das instalacións, respectivamente. Facendo de REGANOSA unha instalación non só perigosa, senón ILEGAL. Política de feitos consumados.

Pero o PP non se arredrou e excedendo as súas funcións como aconteceu no caso de Ence, en lugar de deixar que as solicitudes de Reganosa seguisen a súa tramitación ordinaria optou por reducir os tempos a metade, e invadir atribucións propias do poder xudicial, ao entrar a decidir sobre cuestións que estaban xa resoltas xudicialmente, e tamén atribucións propias do poder lexislativo vulnerando o principio democrático de separación de poderes. Todo isto para protexer e favorecer unha vez máis os intereses dun grupo empresarial, por enriba da propia legalidade e por suposto moi por enriba dos intereses dos galegos e galegas.

Pero o papel xogado polo PSOE e polo BNG neste caso, non deixa de ser xa non incoherente que tamén, senón máis ben esperpéntico. Unha e outra vez atopamos a estos dous partidos, como comparsa necesaria para as propostas “comerciais do PP” respecto REGANOSA. Caso sorprendente o do BNG que co caso ENCE tivo unha posición, dicindo que o PP defendía os intereses dos grupos empresariais, pero co caso de REGANOSA, a súa postura e ben distinta, como ben puidemos ver no último episodio no Parlamento de Galicia.

O día 10 de maio de 2017, como PSOE e BNG coa tan de moda “abstención técnica” favorecían o “mercadeo do PP” sendo valedores dos intereses comerciais dunha empresa privada; xa que coa aprobación no Parlamento Galego para ampliar a capacidade da regasificadora, isto é convertir a Reganosa nun nodo de operacións de gas licuado o que leva consigo aumentar o tránsito de gaseiros no interior da ría, e aumentar a perigosidade da instalación. Unha proposición a do PP que só tivo na súa contra a oposición do grupo paralmentar de En Marea.

Dende a Xunta de Galicia insisten unha e outra vez en buscar parches para facer rendible proxectos como o de REGANOSA, tentando atopar unha saída sostible e rendible para unha instalación escasamente rendible, en lugar de apostar por enerxías limpas e sostibles.

A instalación da planta de Reganosa no corazón da Ría, non só é perigosa, tamén é insostible ambientalmente xa que xerou prexuízos certos para os bancos marisqueiros, polo verquido de auga ao mar a unha temperatura distinta da ría logo do proceso de refrixeración matando o placton que a base da biodiversidade e que está afectar aos bancos marisqueiros e de pesca. Pero iso non importa aos grupos PP, PSOE e BNG que prefiren seguer blindando unha instalación escasamente rendible por favorecer os intereses certos do Sr Tojeiro.

Consecuentemente,  FeC proporá ao Pleno Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:

  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno galego a realizar todas as accións oportunas para conquerir o desmantelamento da planta de gas de Reganosa no seu actual emprazamento.

  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno galego a denunciar o convenio asinado en tempos de Mnauel Fraga e saír do accionariado da planta.

  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno da Xunta a facer público o expediente sobre planificación do solo, análise de riscos previos á decisión e as achegas veciñais duranto o proceso segundo prescribe a Directiva Europea 96/82 CE.

  • O Pleno do Concello de Ferrol insta ao goberno da Xunta e ao goberno de España que acate que cumpla as sentezas do Tribunal Supremo e repoña a legalidade vulnerada.

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: