A loita contra a corrupción chega a REGANOSA

O Pleno do Concello de Ferrol aprobou onte a Moción presentada por Ferrol en Común na que se propón instar ao goberno da Xunta de Galicia a «realizar todas as accións oportunas para conquerir o desmantelamento da Planta de Gas de Reganosa no seu actual emprazamento». Pídese asemade que a Xunta faga público o expediente de planificación do solo e análise de riscos previos á instalación da Planta e “que o Goberno de España e a Administración Galega acaten as sentenzas do Tribunal Supremo e repoñan a legalidade vulnerada”.

O BNG fixo duas enmendas referidas a actuacións concretas do Concello de Ferrol:

1º Que o Concello impugne o Plan de Emerxencia Exterior de Mugardos.

2º Que o Concello inclúa Reganosa no Plan de Emerxencia de Ferrol, con informes técnicos competentes na materia.

O PSOE pediu que se cambiara “desmantelamento” por “Traslado ao Porto Exterior”.

A Moción foi aprobada cos votos a favor dos tres partidos de esquerda: FeC, PSOE e BNG, se abstuvo Ciudadanos e votaron en contra os 11 concelleiros do Partido Popular, nun claro apoio á corrupción que envolve a ubicación da Planta e amoxando o seu desprecio para os riscos que implica á poboación e á Ría.

Para o CCE é unha vitoria máis na súa estrategia de ampliar apoios na loita contra a ubicación e funcionamento da Planta e conseguir que ás Institucións comencen a realizar accións concretas en contra de REGANOSA.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: