Arquivo para Xuño 2017

Solicitude do CCE ante Tribunal Xustiza Unión Europea, relativa a REGANOSA

Xuño 29, 2017

Nota de Prensa do CCE

 Solicitude da “Cuestión Prexudicial” ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, relativa á Planta de Gas de Reganosa. A loita contra a ameaza, a ilegalidade e a corrupción no caso Reganosa continúa.

O CCE a través da súa asesoría xurídica ven de formular o 28 do actual, a solicitude da Cuestión Prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea., no recurso contencioso-administrativo contra a segunda modificación do PXOM de Mugardos que pretende legalizar a planta de gas de Reganosa, pendente de votación e fallo no Tribunal Supremo.

Trátase a través deste procedemento de valorar si se cometeu un fraude de Lei, e por ende, unha desviación de poder, ao utilizar a escusa da adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos á Directiva 2001/42/CE de Plans e Programas, para así legalizar un uso e unha instalación declarada ilegal (a Planta de gas de Reganosa acumula catro sentencias condenatorias), mediante unhas novas modificacións que parten, loxicamente da existencia da instalación e do uso de regasificación, sen que previamente se analizara alternativa algunha (alternativa 0) para a súa localización, nin foi obxecto dunha Declaración de Impacto Ambiental, e que se valore tamén si a Directiva de Plans e Programas está prevista para legalizar unhas  instalacións sobre as que non se realizou análise algún de alternativas.

Achegamos o texto completo da Solicitude.

Ferrol a 29 de Xuño de 2017

Martes 27 Peirao de Coruxeiras CONCENTRACIÓN ás 20 hs.

Xuño 24, 2017

Prevista a entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado de GNL, o número 225, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

martes 27 de xuño, ás 8 da tarde.

Peirao de Coruxeiras – Ferrol

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Nota do CCE sobre a PNL relativa a REGANOSA presentada no Congreso por EnMarea

Xuño 23, 2017

O mercores 21 na Comision de Enerxia do Congreso dos deputados debateuse a PNL presentada por En Marea, sobre a planta de gas de Reganosa, tralas 4 sentencias do Supremo que determinaron a ilegalidade da instalación, co contido seguinte:

Proposición No de Ley:

  • El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a anular el Acuerdo del Consejo de Ministros que exoneró a la Planta de REGANOSA de someterse al preceptivo estudio de impacto ambiental contraviniendo lo expuesto por el Tribunal Supremo.
  • El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a adoptar las medidas necesarias para que la Dirección General de Política Energética, proceda a revocar, en virtud del principio de autotutela administrativa, la Resolución de 7 de julio, por la que se les otorgó a la Planta de Regasificación, las correspondientes autorizaciones administrativas previas y del proyecto de ejecución.
  • El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a que proceda al cierre definitivo de la planta de Reganosa en Mugardos.
  • A la vista de la ilegalidad, el Congreso de los Diputados insta al Gobierno en funciones a eliminar a Reganosa del sistema de retribuciones estatal.

A proposición non de Lei, contou cos votos a favor de UP- ECP-En Marea- ERC , a abstención de PdCAT , foi rexeitada polo voto en contra de : PP-PSOE-CS .

Dende o Comité Cidadan de Emerxencia  consideramos moi positivamente a iniciativa de En Marea, defendida pola deputada Yolanda Díaz, no Congreso dos Deputados, para esixir o cumplimento da sentencia do Supremo, revocando as novas autorizacions outorgados polo goberno do PP, demandando o peche da actividade da planta e a eliminacion de Reganosa do sistema de retribucións. Lamentamos qe esta iniciativa non saira adiante polo voto en contra do PP-PSOE e CS  o que en realidade supòn, outorgarlle impunidade a corrupción politico -financiera que constiúe a planta de gas de Reganosa.

Julio Pico Casal

Xuño 21, 2017

O Comité Cidadán de Emerxencia lamenta o falecemento do compañeiro Julio Pico Casal, membro da Confraría de Pescadores e Mariscadores, que nos acompañou sempre na defensa da legalidade, da Ría e da Vida, nesta longa loita contra a ubicacción da Planta de Gas.

Julio tivera unha activa participación nos bloqueos aos gaseiros no 2007, na marcha a Teixeiro, e en todos os actos organizados por este CCE, sendo vítima dos subseguintes procesos xudiciais.

Á súafamilia, amigos/as e compañeiros/as as nosas condolencias e afecto.

A Marcha a Mugardos: vídeos e outras webs

Xuño 6, 2017

Vídeo das intervencións dos membros do Comité Cidadán de emerxencia ao remate da XI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, o pasado 2 de xuño. Falan: Luz Marina Torrente, Presidenta da A.VV. Mehá, Mugardos, Lupe Cés, membro do CCE e Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do mesmo.

A nova en ÁRTABRA21

a nova en FERROL 360

Vídeos :O CCE en CANAL 31 TV FERROL

Xuño 3, 2017

ENLACES AOS VÍDEOS :   PARTE 1        PARTE 2

O pasado 31 de maio o Comité Cidadán de Emerxencia, foi convidado a participar no Programa “El Toro por los cuernos” que presenta Pepa Antón, en CANAL 31, TV de Ferrol, no que participaron Luz Marina Torrente e Carlos Álvarez, membros do CCE, para falar da corrupción e do perigo da Planta de Gas de REGANOSA e das Sentenxas do Tribunal Supremo que a declararon ilegal.

Celebrada, con éxito, a XI Marcha a Pé Ferrol Mugardos

Xuño 3, 2017

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

Onte celebrouse a XI Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, un dos actos emblemáticos que o Comité Cidadán de Emerxencia ven convocando ininterrumpidamente desde o 2007 para denunciar a ilegalidade, o perigo para a vida e a contaminación da Ría de Ferrol, a causa da corrupción que ubicou e segue a manter a Planta de Gas no seu interior.

Comenzou, como é tradicional, ás 17 horas, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza e rematou na A. VV. “O Cruceiro” de Mehá en Mugardos pouco despois das 20 horas, onde houbo breves intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal, de Lupe Cés, membro do CCE e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do mesmo, valorando a xornada e a situación actual da Planta tras catro sentenzas do Supremo na súa contra. A continuación o personal dedicóuse a repoñer forzas coas viandas alí preparadas por esta Asociación veciñal que tanto leva feito na defensa da vida e da ría, xa de moito antes daquel peche de 111 días que protagonzaran no Concello de Mugardos en 2007.

Durante o traxecto, en Maniños, o noso Coordinador, “Lalan”, tivo oportunidade de participar no Programa “Radio FilispiM vai ao Cine Adriano”, explicando o porqué da Marcha e as circunstancias da amenaza e corrupción de REGANOSA. Programa que se emitirá hoxe sábado ás 19 horas, no dial 93.9 FM.

Tamén os compañeiros Jorge Mirancos e Celso Posada, do programa “Directo de Esquerdas”, que emiten os martes ás 21,30 hs, en Rádio FilispiM (93.9 FM), ao tempo que participaban na Marcha a Pé, realizaron numerosas entrevistas que publicarán nunha próxima emisión.

O CCE agradece a todas e todos a súa participación e apoio a este evento.

¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!