Arquivo para Setembro 2017

“Reganosa, Mugardos y Ares”, artigo de Enrique Barrera

Setembro 22, 2017

Enrique Barrera Beitia
En 2006 las empresas energéticas creyeron que se construirían nada más ni nada menos que 50 ciclos combinados de gas, así que levantaron cinco nuevas plantas regasificadoras (entre ellas Reganosa) hasta llegar a nueve, más que ningún otro país europeo. Actualmente estas plantas funcionan al 15% de su capacidad, y son activos tóxicos que la banca mantiene sobrevalorados en sus balances. Las consecuencias de estas erróneas previsiones son precios muy altos en el recibo y un frenazo a las energías renovables.

Sobre Reganosa pende además la sentencia del Tribunal Supremo, señalando que no cumple los requisitos de seguridad impuestos por las directivas comunitarias. El gobierno ha concedido un permiso provisional para que continue trabajando mientras subsana unas deficiencias que, sencillamente, no son subsanables porque guardan relación con la proximidad de las viviendas, la anchura del canal y las mareas. Es imposible desplazar Mugardos, Ferrol y el arsenal de sus actuales ubicaciones, y tampoco se puede ensanchar ni ahondar la bocana de la ría.

Ler máis en Galicia Ártabra Digital

http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/165391

 

Advertisements

Lotería do CCE

Setembro 19, 2017

Xa está á venda a Lotería de Nadal do Comité Cidadán de Emerxencia, mercándoa axudas á loita pola defensa da Ría e a vida e axúdaste, porque vai tocar.

Venres 22, ás 19 hs. CONCENTRACIÓN

Setembro 19, 2017

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL – nº 227, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACION

Venres 22 de Setembro 2017

ás 19H, (sete da tarde) Horario de inverno

diante o Edif. Admtvo. da Xunta de Galicia.

Pza. Amada Garcia – Ferrol

Características do buque:

Nome.-LNG Rioja Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 46 m, Calado.-12.65 m, Capacidade.-.174.000 m³ de GNL

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Recurso do CCE ante o Trib.Superior de Xustiza Madrid contra autoriz de REGANOSA

Setembro 19, 2017

Este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a través da súa Asesoría Xurídica,  presentou ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid un recurso contencioso-administrativo contra a desestimación do recurso de alzada contra a resolución, de 7 de xullo pasado, da Dirección General de Política Enérgética dol Ministerio de Industria, Energía y Turismo, que otorgóu a REGANOSA a autorización administrativa e aprobóu o proxecto de execución da Planta de Gas, e solicitando que se declare la nulidade de autorizacións e a paralización da actividade desa instalación, perigosa, innecesaria, antieconómica e ilegal.

N. de Prensa: Alegacións á ampliación da Concesión de REGANOSA e xestións nos Concellos.

Setembro 4, 2017

O Comité Cidadá de Emerxencia presenta alegacións contra a ampliación da concesión a REGANOSA, e insta aos concellos a que os seus representantes voten non a esta concesión no Consello de Administración da Autoridad Portuaria.

O CCE ven de presentar diante a Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 5 anos máis a Concesión a Reganosa, despois de que no 2015 xa prorrogara a concesión por 15 anos. Un documento donde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento.

Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversións realizadas a partires do 2004 na construcion da planta de gas (ao non estar previstas na concesión orixinal) serian consideradas unhas inversións a maiores, superando o 20% da obra de Forestal, o que lles permitiría solicitar a ampliazón da concesión.

Unha vez máis atopámonos co proceder fraudulento dos promotores de Reganosa, recoñecendo que a concesion outorgada en 1997 foi solicitada por Forestal e para usos e actividades de Forestal e que, unha vez acadada, é cando anuncian a instalación da planta de gas.

Polo tanto dende o CCE se mantén e así se recolle tanto na solicitude de concesión do cambio de usos de xuño de 2001, como na acta final de recoñecemento das obras de 3 de maio de 2007, onde separan claramente as obras feitas por Forestal e as realizadas por Reganosa en base ao proxecto que serviu para o outorgamento da concesión. A inversión da planta de gas mais aló das manipulacións de Reganosa é a única que hai que considerar, e polo tanto non hai razón algunha para acceder á súa solicitude , xa que só houbo unhas únicas obras.

Non só hai razóns para denegar a solicitude da prórroga, senón que a Autoridade Portuaria debe retirarlle a concesión unha vez demostrada a falsidade dos datos aportados no seu momento para acadar autorizacion de funcionamento asi como as ilegalidades cometidas:.

Una instalación ilegal segundo 4 sentencias do Tribunal Supremo:

Sentenza anulando a modificación Puntual do Plan (11-05-2012).

Sentenza anulando a Autorización Administrativa Previa, sentencia 695/2016 do 28-03-2016.

Sentenza de anulación do Proxecto de Execución, sentencia 889/2016 do 25-04-2016;

Sentenza de anulación do Plan de Emerxencia Exterior, sentencia 1966/2016 do 26-07-2016

 

Unha concesión outorgada para outros usos.

Unhos recheos e dragados, e planos de auga ilegais.

A planta  de Reganosa non é estratéxica para Galicia tal e como se dixo. A súa produción diminue cada ano, en 2016 foi do 28% segundo informe do xestor técnico do sistema. Os gasoductos pechados teñen a capacidade suficiente para sumistrar gas a Galicia.

A planta de Reganosa nunca foi declarada de interese público.

Levamos pagado perto de 500 millóns de euros, forma parte do chamado déficit enerxético que fai que paguemos pola enerxia unha das taxas máis altas de Europa.

Unha instalación perigosa que ameaza a vida de miles de persoas. Unha instalación nociva para o ecosistema da Ria.

Unha instalación mal ubicada dende o punto de vista de Defensa xa que pode ser considerada como un obxetivo puntual bélico de magnitude destructiva descomunal.

Este Comité Cidadá de Emerxéncia, vai dirixirse aos distintos concellos con representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria para que os seus representantes voten non á prórroga da concesión a Reganosa.

Ferrol a 04-09-2017