REGANOSA: Nova petición do CCE á Subdelegación do Goberno

O Comité Cidadán de Emerxencia solicitou da Subdelegación do Goberno en A Coruña a Acta de posta en servizo da Planta de Gas de REGANOSA, reiterando as sentencias  legais  que esta Planta incumple, mantendo desde o 2007 un perigo permanente,  o que debería determinar a paralización da súa actividade.

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN A CORUÑA

ÁREA DE INDUSTRIA Y ENERGIA

Rúa/Durán Lóriga 9-5ª  15071 A Coruña

ASUNTO: Solicitude de información sobre o Acta de posta en servicio da planta de regasificación de Reganosa (Mugardos) ao amparo da lei 19/2013, e advertencia de posibles irregularidades.

Luz Marina Torrente López, con DNI –, en nome e representación da PLATAFORMA DE VECIÑOS CRUCEIRO DE MEHÁ (MUGARDOS).

Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, con DNI —, en nome e representación da ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN.

Humberto Fidalgo Couce, con DNI —, membro do Comité Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en representación de ADEGA Ferrolterra.

Asociacións integradas non COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL .

Expoñen:

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo 695/2016, do 28 de marzo do 2016,  e a  889/2016, do 25 de abril do 2016, que anularon a Autorización Administrativa previa, outorgada a Reganosa, e o proxecto de execución, esta empresa viuse obrigada polo tanto a iniciar una nova tramitación administrativa.

A Dirección General de Política Energetica y Minas por resolución do 7 de Xullo de 2016 outorga a Reganosa  unha nova autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución. Nesta resolución no apartado Séptimo  indica que: “La empresa deberá solicitar el acta de puesta en servicio correspondiente del Área de Industria y Energía de la subdelegación del Gobierno en A Coruña, en los términos establecidos en el artículo 85 del Real Decreto 1434/2002  de 27 de diciembre…..y su adecuación a la normativa  y especificaciones previstas en el proyecto de ejecución presentado el 24 de mayo del 2016”.

No apartado Decimocuarto: “La presente resolución se dicta sin perjuicio e independientemente de las autorizaciones, licencias o permisos de competencia autonómica, municipal o de otros organismos y entidades, necesarias para la planta de GNL…”

Solicitamos:

Copia do Acta de posta en servicio da planta de GNL de Reganosa  emitida por este organismo a estos  efectos.

A planta de regasificación de Reganosa, a pesar das sentenzas arriba citadas, leva funcionando ininterrumpidamente  dende o 2007 o que significa un evidente desprecio á legalidade.

Temémonos que a día de hoxe esta empresa manteña a súa perigosa actividade incumplindo as esixencias legais, o que advertimos e  poñemos no seu coñecemento aos efectos de que,  si así fose, adopte as medidas necesarias cara a paralización da planta de GNL.

Ferrol a 13 de Octubro de 2017

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: