Denuncia de EnMarea no Congreso dos Deputados.

En Marea denuncia que non é necesaria unha ampliación da capacidade de almacenamento de gas en Reganosa


A deputada e voceira de En Marea no Congreso,Yolanda Díaz, solicitou información ao Goberno sobre unha posible autorización ao non estar contemplada a obra na planifiacación do sistema gasista.

Iniciativas: https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/c034fb57-5ba9-4805-aaaa-99ab51d1a688/55658_PNL_comisión_III_TANQUE_REGANOSA.pdf

https://gallery.mailchimp.com/124110c5c4ca02bed7d557215/files/8375d7e0-6667-48b2-b3b6-fb416fa87060/55318_Pregunta_escrita_III_TANQUE_REGANOSA.pdf

Madrid, 16 de novembro de 2017. En Marea vén de rexistrar unha nova batería de iniciativas no Congreso dos Deputados relativas á ampliación da capacidade de almacenamento de Reganosa, para coñecer se o Goberno ten coñecemento da intención da empresa gasista de construir un terceiro tanque nas súas instalacións de Punta Promontorio, en Mugardos.

Así, Yolanda Díaz solicita información sobre os trámites administrativos de solicitude de autorización previos á mencionada obra, e sobre a súa viabilidade, a pesar da escasa producción de Reganosa.

O grupo parlamentario de En Marea tamén presentou unha Proposición non de Lei para solicitar ao Goberno que informe da situación da Planificación do Sistema Gasista para o periodo 2017-2020 e en particular se está previsto modificar o borrador de Planificación 2012-2020 para incluir un terceiro tanque e ampliar a capacidade de almacenamento na planta de Reganosa en Mugardos e a xustificación técnica e económica para esta modificación.

Nesta iniciativa, En Marea volve solicitar, unha vez máis, a eliminación de Reganosa do sistema de retribucións estatal, e o peche definitivo da planta de Mugardos, xa que a súa ubicación foi anulada ata en catro ocasións polo Tribunal Supremo, por carecer da correspondente Declaración de Impacto Ambiental, polo risco que supón para as poboacións que están preto.

Yolanda Díaz afirmou que o que é máis grave é que “a pesar destas sentencias, foi o propio Goberno quen eximiu á empresa da obriga de cumprir coa Lei mediante Resolución do Consello de Ministros do 27 de maio de 2016” (10 anos despois de que comezara a operar a planta regasificadora e un mes despois da cuarta sentencia do Tribunal Supremo).

Finalmente, En Marea esixe o garante de que non se desenvolva o proxecto de Bunkering de GNL a buques na Ría de Ferrol polo aumento do risco para a poboación, xa que se incrementaría a circulación de barcos pola canle de acceso á ría interior aumentando deste xeito o risco de encallamento, accidentes que xa se rexistraron noutras ocasións.

Cabe lembrar, tal e como sinala a voceira de En Marea no Congreso, que este canal é longo, estreito e pouco profundo, con condicionantes de vento, calado e visibilidade, e no caso dunha emerxencia nas operacións de descarga, o buque gaseiro non podería saír do interior da ría, non cumprindo coa normativa de navegación que require a inmediata evacuación do barco fora da ría, o que constituiría unha ameaza para a poboación de Ferrolterra se se fondeara, tal como se ten previsto, a 400 metros dos arsenais e da cidade de Ferrol.

Yolanda Díaz insiste, nas iniciativas presentadas, que non é necesario un terceiro tanque en Reganosa, e así o avalan os datos: a producción dos ciclos combinados en Galicia en 2010 foi de 2.142 GWh que fronte aos 44.447 GWh/ano de capacidade nominal da planta, so supón un exiguo 4,8 % da capacidade nominal, fronte ao 80 % comprometido pola empresa gasista.

Ademais, a súa producción física nominal apenas alcanzou o 20% en setembro de 2017. Os niveis de tanques nos anos 2016 e 2017 estiveron en valores por debaixo de 200.000 m3 (salvo en xaneiro de 2016), que se corresponde cos 2/3 da súa capacidade nominal. Ademáis, nos rexistros da propia compañía detéctase que, salvo excepcións puntuais, o máis habitual é unha soa descarga ao mes.

Por outra parte, a deputada lembra que nin na planificación vixente do Sistema Gasista, que é a correspondente ao periodo 2008-2016, nin no borrador, de xullo de 2011, de planificación do Sistema Gasista para o periodo 2012-2020 aparece recollida a construcción dun terceiro tanque na planta de regasificación de Mugardos, contrariamente ao que afirmou recentemente en varios medios de comunicación o director xeral de Reganosa.

Polo tanto, Yolanda Díaz denuncia, de novo, que o terceiro tanque de Reganosa, ademáis de non ser necesario ao estar xa infrautilizados os dous tanques existentes, non aparece en ningún dos escenario considerados na Planificación do Sistema Gasista. Autorizar un terceiro tanque na planta de regasificación de Mugardos, aumentaría, como consecuencia da retribución polo investimento realizado, o componente regulado da tarifa do gas e polo tanto o importe do recibo do gas, ademáis de supor un novo freno á implantación das enerxías renovables.

 

Advertisements
Explore posts in the same categories: De amigos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: