REGANOSA ou o reiterado empeño da Administración de eludir as Sentenzas Xudiciais. Novos Recursos do CCE.

O Tribunal Supremo notificou o 23 de novembro de 2017 a sentenza pola que non admite o recurso contra a sentenza do 23 de decembro de 2015 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestimaba o contencioso presentado pola CEE contra a Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos.

Hai que lembrar que esta modificación ao Plan iniciou a súa tramitación tras a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia de abril de 2008 que declaraba nula a modificación anterior e aprobouse definitivamente pola Xunta de Galicia o 13 de xuño de 2012, poucos días despois da sentenza do Supremo de maio de 2012 que ratificaba a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, e declaraba nula tal modificación con sentenza firme e inapelable.

Con esta última aprobación do Plan tentábase eludir o cumprimento da sentenza do Supremo do 2012 xa que, sen terreos cualificados para uso de manexo e almacenamento de gas natural, o proxecto Reganosa e todas as instalacións realizadas durante a súa construción son ilegais e por tanto procedería o cesamento inmediato da súa actividade e desmantelamento.

A administración , lonxe de cumprir a Sentenza firme do Supremo, fai todo o posible para eludir o seu cumprimento. A Xunta tramitou unha modificación ao Plan en tempo record coa única finalidade de dar cobertura legal e evitar a execución da sentenza do Supremo de 2012.

A recente sentenza, elude entrar ao fondo do asunto, non entra a analizar se a avaliación ambiental realizouse co debido rigor, conténtase con que exista un documento con ese nome sen estudar o seu contido, carece de fío argumental temporalmente consecuente, decide en base a supostos que son posteriores ás sentenzas recorridas facendo argumentos circulares, desestima as probas achegadas polo demandante pero se inclúe como probas documentos que non existen ou son posteriores ao momento do inicio e fases posteriores do procedemento da demanda.

Por estas razóns , o 27 de novembro de 2017 presentouse un escrito ao Supremo pedindo aclaración de varios puntos da sentenza e o próximo 1 de decembro presentarase un escrito de complemento ao anterior.

Independentemente e en paralelo a estas accións vaise a presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional por indefensión e abuso da administración e outro ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre as graves carencias que hai neste proxecto sobre a aplicación de normativa europea en materia de prevención de riscos e distancias ás poboacións para actividades perigosas que poden dar orixe a accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas e na aplicación da normativa de Avaliación Ambiental.

Fernádez Valverde foi o Ponente da Sentenza:

Soria prefiere a Fernández Valverde –

http://www.eldiario.es/canariasahora/topsecret/Soria-prefiere-Fernandez-Valverde_6_176792365.html

Advertisements
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: