Accidente mortal de G.N.L. en Austria.

Onte martes, en Austria, nunha Planta de Gas Natural Liquado, a explosión dunha tubaxe e o posterior incendio han caudado un morto e 18 persoas feridas.

Desgraciadamente estas noticias fannos ter presente a situación de risco permanente a que nos vemos abocados nesta comarca, “gracias” á Planta de Gas de REGANOSA dentro da nosa ría, incumplindo as máis elementais medidades de seguridade coa complicidade das Administracións.

Tivo lugar este accidente na terminal de Gas “Baumgarten” do consorcio austríaco OMV na localidade de Weiden an der March, ao Leste do país, na fronteira con Eslovaquia.

A forte explosión causou danos importantes na terminal e provocou un importante incendio en seis edificios, subindo a temperatura varios centenares de graos – segundo os bombeiros – derritiendo automóbiles nas inmediacións e causando enormes columnas de fume visibles desde Viena a 26 km.

A zona foi acordoada nun amplo perímetro, acudindo 150 bombeiros, varios helicópteros e numerosas ambulancias medicalizadas.

A terminal de Baumgarten é o principal centro de distribución en Austria para o gas que chega de Rusia e Noruega. Esta infraestrutura inaugurada en 1959 é un dos máis importantes “hub” gasísticos de Europa central, Dá servizo tamén ao norte de Italia e o sur de Alemaña e outros paises do Leste.

A consecuencia do accidente foi posta temporalmente fóra de servicioy suspendeuse a subministración.

A noticia da explosión provocou un aumento dos prezos nos mercados europeos ante o temor de posibles recortes e restricións na subministración en pleno inverno.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: