Arquivo para Xaneiro 2018

Febreiro 10: Acto en Lembranza de Victoria e Carmelo

Xaneiro 31, 2018

Este ano cúmprese o X Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e o V da súa compañeira Victoria Fernández Paredes.

Con tal motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles,

unha ofrenda floral e intervencións poético musicais,

que terán lugar o

sábado, 10 de Febreiro, ás 12 hs,

no Parque Carmelo Teixeiro

Caranza – Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Ferrol polo mar e pola vida

https://www.youtube.com/watch?v=xFTzfTwFCr0

Advertisements

Iniciativas de En Marea, no Congreso, respecto a REGANOSA

Xaneiro 19, 2018

A Administración do Estado, nos últimos tempos, está modificando a normativa de seguridade relativa aos gaseiros que chegan á Planta de Gas cargados con GNL, e que incumplen as medidas que viñan contempladas na normativa de navegabilidade no interior da Ría, como é o ter que abandonala polos seus propios medios caso dunha emerxencia.

Para dar cobertura a estes incumplimentos e para aforrar custo a REGANOSA, están a modificar a legislación vixente, incluso rebaixando o número e servizo dos remolcadores.

Ante esto, o Grupo Parlamentario de En Marea presentou, en datas recentes, no Congreso dos Deputados, unha serie de iniciativas para denunciar esta situación. Foron as seguintes:

-Pregunta sobre cambios nas normas de navegación presentada o 20-12-2017.

-68295. Pregunta sobre o Convenio CEDEX-Reganosa, presentada o 09-01-2018

-68296. Peticion entrega do Convenio CEDEX-Reganosa, presentada o 09-01-2018

-68385. Peticion de entrega dos estudos para as normas de entrada dos gaseiros Q-Max e Q-Flex.

Venres 19 CONCENTRACIÓN Entrada Gaseiro nº 233

Xaneiro 16, 2018

Prevista a entrada na Ría do Gaseiro nº 233 cargado de GNL para REGANOSA,

o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Venres, 19 de Xaneiro, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

¡ PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Sábado, 13: Homenaxe a Bernardo Bastida

Xaneiro 10, 2018

O vindeiro sábado, 13 de xaneiro, ás 12 hs, nas proximidades da Lonxa, no Peirao de Coruxeiras de Ferrol,

a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, a Asociación Cultural Fuco Buxán e o Comité Cidadán de Emerxencia, farán unha Ofrenda Floral, en homenaxe a Bernardo Bastida Sixto, ExPatrón Maior da Confraría Ferrolá, socio de Fuco Buxán e colaborador do CCE, falecido onte, recoñecendo e agradecendo o seu permanente compromiso social, político e sindical.

As entidades convocantes agradecen a difusión e participación.

Pesar do CCE polo falecemento de Bernardo Bastida

Xaneiro 9, 2018

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

O Comité Cidadán de Emerxencia lamenta profundamente o falecemento do amigo e compañeiro Bernardo Bastida, ExPatrón Maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, que tivo lugar esta tarde, tras longa enfermidade, no Hospital Xeral de Caranza.

O lembraremos sempre como un dos principais colaboradores deste CCE na defensa da legalidade, da Ría e da Vida contra a ilegal e perigosa Planta de Gas, ainda a costa da súa liberdade.

Bernardo Bastida Sixto, naceu en Ferrol en 1949, e entrou de aprendiz en BAZÁN, ao tempo que militaba activamente, na clandestinidade, no PCG e nas CCOO. Como consecuencia dos sucesos do 10 de marzo do 72, foi despedido da Empresa, detido, torturado na Prisión Naval de Caranza, sometido a Consello de Guerra, encarcerado en A Coruña e procesado polo T.O.P. no Xuizo dos 23.

Coa amnistía de 1977 retornou a BAZÁN continuando a súa militancia política e sindical, como membro do Comité de Empresa.

Foi durante varios anos Patron Maior da Confraría Ferrolá, onde encabezou una eficaz defensa dos intereses deste colectivo que lle costou numerosas sancións.

Tivo unha participación destacada na loita contra a instalación de REGANOSA no interior da Ría e no bloqueo a entrada dos primeiros Gaseiros cargados con GNL, en maio de 2007, sendo detido e confinado vinte días na Cárcere de Teixeiro, o que motivou numerosas e multitudinarias manifestacións e unha Marcha a pé dos Mariscadores ate aquela Prisión, para exixir a súa liberdade. Por tales feitos foi procesado con outros mariscadores e multado en 2014.

A pesar dos seus graves problemas de saúde estivo sempre presente nos actos reivindicativos, amosando o seu compromiso político e social de toda a vida.

A súa familia e amigxs o nosa forte aperta solidaria.

Bernardo Bastida, sempre na nosa memoria, descande en paz.

Mañá mércores, día 10, unha vez realizada a autopsia, será trasladado ao Tanatorio Artabria, na Gándara, onde será incinerado ás 18 hs.

 

 

ADEGA premiada coa Insignia de Ouro do Concello de Ferrol

Xaneiro 4, 2018

O Concello de Ferrol acaba de conceder por unanimidade de toda a Corporación, as Insignias de Ouro da Cidade correspondentes ao 2017, que serán entregados o domingo, día 7, no Teatro Jofre.

Entre os galardonados está a Asociación Ecoloxista ADEGA, que celebrou o pasado ano o seu 40º Aniversario e que ve así premiado o súa inxente labor de concienciación e conservación ecoloxica do medio.

As restantes insignias serán para o fotógrafo Eduardo Pereira, Emilio Castro Luaces (propietario de Ultramarinos El Rápido), o pianista Pablo Galdo e a Dra. Carmen Diego Roza, profesional médica especializada en el tratamiento del amianto.

O título de Ferrolán do Ano 2017 será compartido polo Universitario Ferrol e as Irmandades da Fala.

Este Comité Cidadán de Emerxencia felicita a todxs xs premiadxs, especialmente a ADEGA polo seu apoio de sempre a nosa loita en defensa da Ría, da Legalidade e da Vida, fronte á ameaza permanente da ilegal, innecesaria e perigosa Planta de Gas de REGANOSA.

Máis información en:

DIARIO DE FERROL

GALICIA ÁRTABRA DIGITAL

FERROL 360