Arquivo para Xaneiro 9, 2018

Pesar do CCE polo falecemento de Bernardo Bastida

Xaneiro 9, 2018

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

O Comité Cidadán de Emerxencia lamenta profundamente o falecemento do amigo e compañeiro Bernardo Bastida, ExPatrón Maior da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, que tivo lugar esta tarde, tras longa enfermidade, no Hospital Xeral de Caranza.

O lembraremos sempre como un dos principais colaboradores deste CCE na defensa da legalidade, da Ría e da Vida contra a ilegal e perigosa Planta de Gas, ainda a costa da súa liberdade.

Bernardo Bastida Sixto, naceu en Ferrol en 1949, e entrou de aprendiz en BAZÁN, ao tempo que militaba activamente, na clandestinidade, no PCG e nas CCOO. Como consecuencia dos sucesos do 10 de marzo do 72, foi despedido da Empresa, detido, torturado na Prisión Naval de Caranza, sometido a Consello de Guerra, encarcerado en A Coruña e procesado polo T.O.P. no Xuizo dos 23.

Coa amnistía de 1977 retornou a BAZÁN continuando a súa militancia política e sindical, como membro do Comité de Empresa.

Foi durante varios anos Patron Maior da Confraría Ferrolá, onde encabezou una eficaz defensa dos intereses deste colectivo que lle costou numerosas sancións.

Tivo unha participación destacada na loita contra a instalación de REGANOSA no interior da Ría e no bloqueo a entrada dos primeiros Gaseiros cargados con GNL, en maio de 2007, sendo detido e confinado vinte días na Cárcere de Teixeiro, o que motivou numerosas e multitudinarias manifestacións e unha Marcha a pé dos Mariscadores ate aquela Prisión, para exixir a súa liberdade. Por tales feitos foi procesado con outros mariscadores e multado en 2014.

A pesar dos seus graves problemas de saúde estivo sempre presente nos actos reivindicativos, amosando o seu compromiso político e social de toda a vida.

A súa familia e amigxs o nosa forte aperta solidaria.

Bernardo Bastida, sempre na nosa memoria, descande en paz.

Mañá mércores, día 10, unha vez realizada a autopsia, será trasladado ao Tanatorio Artabria, na Gándara, onde será incinerado ás 18 hs.

 

 

Advertisements