Colocación placa no Parque “Carmelo Teixeiro”

O Comité Cidadán de Emerxencia convoca a toda a cidadanía a asistir o

venres, 8 de Xuño, ás 16,30 hs

ao Acto de colocación da Placa denominativa no Parque “Carmelo Teixeiro” de Caranza, que fará o Concello de Ferrol en cumprimento do Acordo Plenario adoptado por unanimidade o 26 de Febreiro de 2009 , baixo a presidencia do Alcalde Vicente Irisarri, a petición da A.C. Fuco Buxán e a A. VV. Ruíz de Cortázar, de Caranza e que contou co apoio de numerosas Asociacións Veciñais e Socio Culturais, Partidos, Sindicatos e Persoas a título particular – a todas elas, desde este CCE, a nosa gratitude – salientando os merecementos e o cariño ao noso querido Carmelo, en testemuña a unha vida dedicada as cuestións sociais, ao seu compromiso cidadán, cultural, sindical e político e sobre todo ao seu papel fundamental como primer Coordinador deste Comité.

A continuación deste acto, ás 17,00 hs, iniciaremos, con todas e todos os que nos queirades acompañar, a Marcha a Pé ate Mugardos, como vimos facendo cada ano desde 2007, na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida, fronte a amenaza e o despropósito da Planta de Gas.

Advertisements
Explore posts in the same categories: Convocatorias Comité Cidadán

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: