Arquivo para Xuño 8, 2018

PARQUE CARMELO TEIXEIRO E MARCHA A PÉ FERROL-MUGARDOS 2018

Xuño 8, 2018

ÁLBUM FOTOGRÁFICO (Premer)

Esta tarde, nun sinxelo acto organizado polo Concello de Ferrol, a  A.C. Fuco Buxán, a A.VV. “Ruíz de Cortazar” de Caranza e o Comité Cidadán de Emerxencia, colocouse a Placa que da o Nome de Carmelo Teixeiro, ao Parque situado a carón da Ermida de Caranza, dando cumprimento ao Acordo Plenario, por unanimidade da Corporación, en 2009.

O Acto foi arroupado pola cidadaníae estiveron presentes o Alcalde, Concelleiras e Concelleiros de FeC. PSdG-PSOE e BNG, a Secretª Xeral de Podemos Galicia e representantes de diversas Entidades e Asociacións.

A continuación iniciouse a XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, coa que o CCE quere poñer de manifestó o fraude, a ilegalidade e o perigo permanente da Planta de Gas de REGANOSA, rematando, acompañados da choiva permanente, na A.VV. “O Cruceiro” de Mehá, donde houbo un espazo de reflexión, poesía e confraternización.

O CCE agradece a participación de todas e todos, e seguirá traballando na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida.

  PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !

Advertisements