GRAVE ACCIDENTE DE GAS EN ITALIA
Na tarde de onte, en Bolonia (Italia), produciuse un grave accidente, ocasionado pola explosión dun camión cisterna cargado con gas licuado do petróleo (GLP), cun balance provisional de 2 mortos, un desaparecido (o condutor do camión) e uns 70 feridos (50 deles con queimaduras graves e numerosos afectados por impacto de vidros).
O accidente produciuse na autovía A-14, ao chocar o camión con outro e ser alcanzado por detrás por un terceiro. A enorme deflagración produciu o derrube dun paso elevado, unha enorme focha na calzada, alcanzando as chamas aos diferentes automóbiles de ao redor e a moitos outros, de dous concesionarios inmediatos (FIAT e PEUGEOT), estacionados baixo a ponte, o que supuxo unha serie de explosións en cadea, afectando tamén a numerosos edificios da zona, cuxo estado se está avaliando.
Este CCE amáis de lamentar este accidente e condolerse das vítimas quere poñer de manifesto, como en cada ocasión que algo similar acontece, o perigo permanente da Planta de Gas de REGANOSA, no interior da nosa Ría, que de sofrir unha catástrofe multiplicaría de forma exponencial os efectos sinalados e tamén o risco que supón o continuo trasvase de gas, en camións cisterna, (7.000 no 2015) entre a Planta de Mugardos e máis de 140 lugares ao longo de Galicia, tráfico innecesario que se produce por ter pechado o gasoducto de Tui, para darlle algo de sentido a esta instalación innecesaria e defitaria.
PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité CidadánEtiquetas: accidente de gas, ría de ferrol, Reganosa
You can comment below, or link to this permanent URL from your own site.
Deixar unha resposta