Arquivo para Outubro 2018

Venres 19: CONCENTRACIÓN Gaseiro nº 241

Outubro 16, 2018

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro nº 241 cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

CONCENTRACIÓN

VENRES 19 de outubro, ás 19 hs

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ !

Advertisements

Reparto do Boletín informativo, no Dia de Acción Global contra o Gas

Outubro 13, 2018

Hoxe, coincidindo co Día Mundial de Acción Global:

ABAIXO O GAS, ABAIXO O FRACKING, ARRIBA A XENTE!,

que pretende concienciar á ciudadanía e aos Gobernos contra o uso de combustibles fósiles e infraestructuras fracking, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, fixo distribución do Boletín informativo:

“As sete mentiras de REGANOSA. 20 anos desmontando as súas mentiras.”

Denuncia da ilegalidade dunha Plata de Gas innecesaria e perigosa na Ría de Ferrol.

ÚNETE A NÓS! PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

DESCARGA O BOLETÍN

Sábado 13 Reparto Boletín e Día Acción Global contra Fracking e combustibles fósiles

Outubro 11, 2018

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o vindeiro
Sábado 13 de Outubro, ás 11 hs, 
na Praza de España, 
diante Edificio da Xunta de Galicia,  
repartirá un Boletín informativo sobre a ilegal, perigosa e innecesaria 
Planta Regasificadora de Mugardos:
As sete mentiras de REGANOSA. 
20 anos desmontando as súas mentiras.”
ENLACE AO BOLETÍN
O CCE convídate a participar nesta acción que coincide 
co Día Mundial de Acción Global: 

ABAIXO O GAS, ABAIXO O FRACKING, ARRIBA A XENTE!

e que se celebra en todo o mundo, neste día 13, contra todos aqueles que están detrás do auxe do gas fósil e a infraestrutura do fracking: a industria, os gobernos, os xigantes petroquímicos que fabrican plásticos con combustibles fósiles e os bancos que financian todo isto.

Mostrémoslle ao mundo que somos un movemento global diverso, creativo e decidido contra a extracción de combustibles fósiles.

O movemento global contra o gas e o fracking esta aumentando; mostraremos aos nosos gobernos e á industria que as nosas comunidades e a nosa atmósfera non poden manexar outra xeración de adicción aos combustibles fósiles:

ÚNETE A NÓS!

PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!

xoves 4: CONCENTRACIÓN Entrada Gaseiro nº 240

Outubro 1, 2018

Prevista a entrada na nosa Ría do Gaseiro nº 240 cargado de GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Xoves, 4 de Octubre, ás 19 hs (sete da tarde)

Diante do Edificio da Xunta de Galicia

(Praza Amada García – Ferrol)

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ¡