Arquivo para Novembro 2018

martes 20: Concentración, entrada gaseiro nº 242

Novembro 16, 2018

Anunciada a entrada na nosa Ría do Gaseiro nº 242 cargado de GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN

martes 20 de Novembro, as 19 hs

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – FERROL

Planta de Gas: Peche Xá !

Advertisements

No pasamento de Heleninha.

Novembro 13, 2018

Desde o Comité Cidadán de Emerxencia lamentamos profundamente o pasamento da nosa querida amiga e compañeira Mª HELENA SÁNCHEZ LÓPEZ, que nos acompañou sempre na loita pola legalidade, a Ría e a Vida.
Heleninha, persoa de gran compromiso social, con quen tantas cousas compartiamos, faleceu onte nun tráxico accidente de circulación. Unha forte aperta e a nosa solidariedade para a súa familia, amigas e amigos. Descanse en Paz.
Tanatorio: Artabria. A Gándara.
Cremación: 20 hs, na intimidade familiar.