Arquivo para Xaneiro 2019

Sábado 9 Febreiro: Xantar de Solidariedade e convivio

Xaneiro 29, 2019

O Comité Cidadán de Emerxencia organiza, o sábado 9 de Febreiro, un Xantar de Solidariedade e Convivio para os seus seguidorxs e amigxs coa intención de compartir unha xornada festiva e recadar unha axuda económica, incluida no prezo do menú, coa que facer fronte aos gastos de procuradores e taxas nos procesos xudiciais contra a ubicación da Planta de Gas, en defensa da Legalidade, da Ría e da Vida. Participa connosco !

Advertisements

Febreiro 9 : Aniversario Victoria e Carmelo

Xaneiro 22, 2019

Ao cumprirse o XI Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e o VI da súa compañeira Victoria Fernández Paredes, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles,

unha ofrenda floral e intervencións poético musicais,

que terán lugar o

sábado, 9 de Febreiro, ás 13 hs,

no Parque Carmelo Teixeiro

Caranza – Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da Vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Ferrol polo mar e pola vida

https://www.youtube.com/watch?v=xFTzfTwFCr0