Arquivo para Febreiro 9, 2019

A Homenaxe a Victoria e Carmelo

Febreiro 9, 2019

Ver Álbum Fotográfico:

https://photos.app.goo.gl/7DiVRePDgtogCdbJ9

Hoxe, no Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, celebramos un sinxelo acto de Homenaxe a Carmelo (primeiro Coordinador do CCE), a súa compañeira Victoria e as numerosas persoas que colaboraron ao longo destes anos e xa non están connosco pero estarán sempre na nosa lembranza. O violín de Estrela, as sentidas intervencións de Manuel R. Carballeira, Coordinador do Comité e de Luz Marina Torrente, Presidenta da A. VV. “O Cruceiro” de Mehá e a ofrenda floral das e dos presentes, constituiron unha vez máis unha testemuña de gratitude a quenes dedicaron a súa vida a traballar polas causas xustas e solidarias, especialmente na defensa da Legalidade da Ría e da Vida, permanente amenazadas por este despropósito da Planta de Gas ao carón de nós.

Advertisements