Fotos da XIII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos
ENLACE AO ÁLBUM FOTOGRÁFICO
https://photos.app.goo.gl/rETqJAfTiCQGQjfa8
Co lema: “Para salvar a ría e a vidao Reganosa ten que estar fora”, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, onte, 7 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, celebrouse a XIII Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que como cada ano desde o 2007, ten por obxecto salientar a ilegalidade e o perigo da Planta de Gas de REGANOSA, ubicada ilegalmente a pé da nosa Ría e das nosas Vidas.
Partindo, as cinco da tarde, do Parque de Caranza que leva o nome de quen fora primeiro Coordinador do CCE, Carmelo Teixeiro, e tras facer breve parada de descanso, como é tradicional, no Pote, en Maniños, sempre disfrutando do bó tempo, rematou na A. VV. O Cruceiro de Mehá, onde tras breves intervencións do Coordinador, Manuel R. Carballeira “Lalán” e da Presidenta da A. VV. Luz Marina Torrente, os asistentes, chegados a pé ou por outros medios, disfrutaron das suculentas viandas (bocata de liscos ou chourizo) alí preparadas.
Sempre: ¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Deixar unha resposta