Arquivo para Xaneiro 2020

Febreiro 15: Acto en lembranza de Victoria e Carmelo

Xaneiro 24, 2020

Ao cumprirse o XII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, e o VII da súa compañeira Victoria Fernández Paredes,  o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar, en lembranza deles,

unha ofrenda floral e intervencións poético musicais,

que terán lugar o

sábado, 15 de Febreiro, ás 12 hs,

no Parque Carmelo Teixeiro

Caranza – Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da Vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

 

Ferrol polo mar e pola vida

https://www.youtube.com/watch?v=xFTzfTwFCr0

 

No falecemento do compañeiro Ricardo

Xaneiro 17, 2020

Este Comité Cidadán de Emerxencia lamenta profundamente o falecemento, o día de onte, do compañeiro Ricardo González Costas.

Ricardo fora traballador da Bazán, afiliado da Uso, Secretario Xeral Comarcal da UGT, militante do PSOE e persoa comprometida nas causas sociais.

Colaborador deste CCE nestes 20 anos de actividade na defensa da legalidade da Ría e da Vida.

A súa compañeira Ángeles Fernández Paredes, aos seus fillos, familia e amizades una forte aperta solidaria e a nosa lembranza sempre.

———————–.

Tanatorio Albia, sala nº 2. Incineración na intimidade familiar, agradecen que non se envíen froles.

Grave accidente nunha planta petroquímica en Tarragona.

Xaneiro 14, 2020

Unha forte explosión afectou esta tarde á planta petroquímica IQOXE (Industrias Químicas do Óxido de Etileno) situada no polígono industrial de La Canonja, en Tarragona. Unha persoa morreu, outra está desaparecida e seis resultaron feridas, dous delas moi graves.

A victima mortal foino ao derrubarse parcialmente o piso no que residía, situado no barrio tarraconsense de Torreforta. O edificio de 5 plantas foi desaloxado.

A deflagración, percibida a quilómetros de distancia causou un gran incendio e unha gran columna de fume visibles desde Cambrils ou Reus, a un 15 km de distancia.

Protección Civil decretou o confinamento preventivo dos municipios da Canonja e Vila-seca e pediu aos cidadáns que pechen “portas e xanelas”.

Renfe interrompeu a circulación de trens nos tramos que van de Tarragona a Reus e de Tarragona a Port Aventura, o que afecta as liñas R13, R14, R15, R16 e R17, así como a RT1 e a RT2.

IQOXE é o único produtor de Óxido de Etileno en España, cunha capacidade instalada de 140.000 toneladas anuais, e o 50% desta produción está destinada á fabricación de Glicol, unha das principais materias primas para a produción dos polímeros PET

O presidente da Generalitat, Quim Torra, o vicepresidente e conseller de Economía e Facenda, Pere Aragonès e o conseller de Interior, Miquel Buch, desprazáronse á zona.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, telefonou a Torra para interesarse polo sucedido e ofertar axuda.

Pouco despois do oito da tarde, as dotacións de emerxencias informaban de que conseguiran rebaixar a intensidade das chamas que afectaban o depósito no que se almacena o óxido de etileno, que queimaba xa de maneira controlada mentres os bombeiros arrefriaban o tanque.

Inevitable é para este Comité Cidadán de Emerxencia non relacionar estes tráxicos sucesos coa pontecialidade dunha traxedia moito maior caso de producirse un accidente na bomba que supon a Planta de Gas de REGANOSA e o seu perigoso tráfico de gaseiros no interior da nosa Ría ao pé das nosas vidas, dos milleiros de vidas que nun radio letal de 3 km sofirmos a ameaza desde hai casi 15 anos.

PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ¡

Martes 14 Concentración por entrada Gaseiro

Xaneiro 10, 2020

Prevista a entrada dun gaseiro na nosa Ría, cargado de GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Martes, 14 de Xaneiro, ás 19 hs

Diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García – Ferrol

Planta de Gas: ¡PECHE XÁ!