Arquivo para Maio 2020

Nova denuncia do CCE polos incumprimentos de Seguridade en REGANOSA

Maio 28, 2020

A pesar das reiteradas denuncias que este CCE leva 20 anos facendo, as Administracións miran para outro lado. Eso sí de producirse a desgracia, habería un longo luto oficial, moitas bandeiras a media hasta e ata viría a Coroa a presidir o funeral.

O pasado 25 de maio o CCE denunciou por 6ª vez ante a Dirección Xeral da Mariña Mercante o incumprimento das Normas de Seguridade para gaseiros cargados con GNL na Ría de Ferrol.

Nesta ocasión, o 24 de maio, un quimiqueiro de 91 m. eslora e un gaseiro de 288 m, coincidiron no atraque e descarga , o primeiro en Forestal do Atlántico e o segundo en REGANOSA a una distanca de 120 m., cando a normativa de seguridade establece una distancia mínima de 300 m. entre ambos.

Incumplíuse tamén a presencia dun remolcador na inmediación do gaseiro, encendido e disposto, como é obrigado para tratar de prevenir unha emerxencia.

E convinte recordar  que, en caso de accidente, agravado por efecto dominó entre os dos buques próximas e as dúas Plantas, Forestal e REGANOSA, a poboación afectada nun radio de 2 Km (Mugardos, O Seixo, Ferrol) sería superior a 30.000 persoas.

PLANTA DE GAS : perigosa, ilegal, antieconómica e innecesaria… PECHE XÁ

Adxuntase o escrito de denuncia.

https://drive.google.com/file/d/19gDXfW0w9cCa8b04i5QPNyRhYzvgH36x/view?usp=sharing

 

O CCE contra a reactivación pola Xunta de Galicia de proxectos con grande impacto ambiental

Maio 6, 2020

A XUNTA DE GALICIA INTENTA APROVEITAR O ESTADO DE ALARMA PARA SACAR ADIANTE 1000 PROXECTOS INDUSTRIAIS ESPECIALMENTE CONTROVERTIDOS NUN MOMENTO NO QUE A CIDADANÍA NON TEN GARANTIZADOS OS SEUS DEREITOS

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase á esixencia dos numerosos Colectivos de Galicia que consideran dunha gravidade extrema que a Xunta decida continuar coas tramitacións destes proxectos que comprometen a nosa saúde, o noso medio e a nosa economía, en pleno Estado de alarma, limitando a resposta cidadá lexítima e facilitándolle os trámites a

estas empresas privadas. Está claro que os proxectos contaminantes que a Xunta pretende reactivar non cumpren os requisitos de interese xeral indispensables que se esixen en pleno Estado de alarma.

Baixo estes elementos, non é admisible que se reactiven as tramitacións, pois non terían todas as garantías previstas na lexislación. Por iso reclamamos que, atendendo ao Estado de alarma, se paralice de inmediato o efecto da Orde ditada pola Xunta, até que non recobremos a total normalidade social.

Ler comunicado e asinantes:

https://drive.google.com/file/d/1lYm7d52DSjPIIn1g-zS_aYgp492LSsd-/view?usp=sharing

 

 

Un incendio nunha fábrica de cloro obriga a confinar a todo Sabiñánigo e deixa tres traballadores intoxicados

Maio 4, 2020

Un incendio, hoxe lúns, ás 19 horas, na factoría de Orache, en Sabiñánigo (Huesca), dedicada á fabricación de pastillas desinfectantes activou as alarmas para accidente químico, obrigando a confinar á cidadanía da localidade

O Goberno de Aragón mobilizou a bombeiros de varias comarcas de Huesca e tamén de Zaragoza para atallar a fuga de cloro e activou o Plan Especial de Protección Civil de Emerxencia Exterior de Sabiñánigo, en Nivel 1, xa que Orache Desinfección é unha empresa afectada pola Directiva Seveso III de nivel inferior, relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas.

Produce dicloroisocianurato de sodio dihidratado, unha sustancia perigosa para o medio ambiente e tamén nociva para as persoas en caso de inxestión. Pode provocar ademais irritación ocular grave e de vías respiratorias.

Os servizos de emerxencias pediron á veciñanza que pechen portas e xanelas para evitar intoxicacións.  desconectar aires acondicionados, equipos de refrixeración e a electricidade xeral da casa e estar pendentes, a través do móbil, a radio e as redes sociais, do 112, que será o que dará as instrucións.

A A-23 e a N-330 cortáronse ao tráfico, en ambos os sentidos á altura de Sabiñánigo pola nube tóxica. Os vehículos téñense que desprazar pola A-132 para ir en dirección Jaca.

Á primeira hora da noite controlouse a fuga e os traballadores intoxicados evolucionan favorablemente.

Desde este Comité Cidadán de Emerxencia, sempre sensibilizados con este tipo de accidentes – pola amenaza permanente que supón a confluencia de REGANOSA e Forestal del Atlántico – nos congratulamos de que a situación en Sabiñánigo esté xa controlada e sen consecuencias importantes de saúde para traballadores e veciñanza.