Un incendio nunha fábrica de cloro obriga a confinar a todo Sabiñánigo e deixa tres traballadores intoxicados
Un incendio, hoxe lúns, ás 19 horas, na factoría de Orache, en Sabiñánigo (Huesca), dedicada á fabricación de pastillas desinfectantes activou as alarmas para accidente químico, obrigando a confinar á cidadanía da localidade
O Goberno de Aragón mobilizou a bombeiros de varias comarcas de Huesca e tamén de Zaragoza para atallar a fuga de cloro e activou o Plan Especial de Protección Civil de Emerxencia Exterior de Sabiñánigo, en Nivel 1, xa que Orache Desinfección é unha empresa afectada pola Directiva Seveso III de nivel inferior, relativa ao control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas.
Produce dicloroisocianurato de sodio dihidratado, unha sustancia perigosa para o medio ambiente e tamén nociva para as persoas en caso de inxestión. Pode provocar ademais irritación ocular grave e de vías respiratorias.
Os servizos de emerxencias pediron á veciñanza que pechen portas e xanelas para evitar intoxicacións. desconectar aires acondicionados, equipos de refrixeración e a electricidade xeral da casa e estar pendentes, a través do móbil, a radio e as redes sociais, do 112, que será o que dará as instrucións.
A A-23 e a N-330 cortáronse ao tráfico, en ambos os sentidos á altura de Sabiñánigo pola nube tóxica. Os vehículos téñense que desprazar pola A-132 para ir en dirección Jaca.
Á primeira hora da noite controlouse a fuga e os traballadores intoxicados evolucionan favorablemente.
Desde este Comité Cidadán de Emerxencia, sempre sensibilizados con este tipo de accidentes – pola amenaza permanente que supón a confluencia de REGANOSA e Forestal del Atlántico – nos congratulamos de que a situación en Sabiñánigo esté xa controlada e sen consecuencias importantes de saúde para traballadores e veciñanza.
Explore posts in the same categories: Noticias / Novas
Deixar unha resposta