O CCE contra a reactivación pola Xunta de Galicia de proxectos con grande impacto ambiental
A XUNTA DE GALICIA INTENTA APROVEITAR O ESTADO DE ALARMA PARA SACAR ADIANTE 1000 PROXECTOS INDUSTRIAIS ESPECIALMENTE CONTROVERTIDOS NUN MOMENTO NO QUE A CIDADANÍA NON TEN GARANTIZADOS OS SEUS DEREITOS
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, súmase á esixencia dos numerosos Colectivos de Galicia que consideran dunha gravidade extrema que a Xunta decida continuar coas tramitacións destes proxectos que comprometen a nosa saúde, o noso medio e a nosa economía, en pleno Estado de alarma, limitando a resposta cidadá lexítima e facilitándolle os trámites a
estas empresas privadas. Está claro que os proxectos contaminantes que a Xunta pretende reactivar non cumpren os requisitos de interese xeral indispensables que se esixen en pleno Estado de alarma.
Baixo estes elementos, non é admisible que se reactiven as tramitacións, pois non terían todas as garantías previstas na lexislación. Por iso reclamamos que, atendendo ao Estado de alarma, se paralice de inmediato o efecto da Orde ditada pola Xunta, até que non recobremos a total normalidade social.
Ler comunicado e asinantes:
https://drive.google.com/file/d/1lYm7d52DSjPIIn1g-zS_aYgp492LSsd-/view?usp=sharing
Explore posts in the same categories: Comunicados Comité Cidadán
Deixar unha resposta