Arquivo para Xuño 2020

Dous cargos da Xunta falsificaron cunha “chapuza” un documento sobre a dragaxe da ría de Ferrol pero a Xustiza non ve delito

Xuño 27, 2020

https://praza.gal/politica/dous-cargos-da-xunta-falsificaron-cunha-chapuza-un-documento-sobre-a-dragaxe-da-ria-de-ferrol-pero-a-xustiza-non-ve-delito

 

Nova denuncia do CCE polos incumprimentos dos gaseiros cargados de GNL na Ría de Ferrol.

Xuño 15, 2020

Unha vez máis, este Comité Cidadán de Emerxencia, denuncia ante a Dirección Xeral da Mariña Mercante os incumprimentos das Normas de Seguridade polos gaseiros cargados de GNL, para REGANOSA, na Ría de Ferrol.

O 12 ppdo atracou na Planta de Gas o gaseiro “Eduard Tol”, de 299 m/eslora. O calado declarado na entrada era 12,1 m. ao que hai que engadir o resguardo dun 12 % do mesmo, o que supón que o gaseiro precisaba para entrar, con seguridade e legalidade, un calado no canal de 13,44 m, sen embargo fixo a entrada cunha profundidade de 13,1 m. Isto, ademáis de incumprir a normativa,  pode dar lugar a unha maior lentitude nas manobras e un perigo engadido ante calquera imprevisto.

Repítese tamén a ausencia do remolcador que, según a normativa de seguridade,  debe estar ao lado do gaseiro durante as manobras de atraque e descarga, preparado para intervir ante calquera emerxencia.

Conven lembrar que no caso de accidente, agravado polo efecto dominó entre Gaseiro, Reganosa e Forestal do Atlántico, afectaría a una poboación de 30.000 persoas no radio de 2 km.

Por perigosa, ilegal, innecesaria e económicamente deficitaria: Planta de Gas : Peche xá ¡

ESCRITO DA DENUNCIA

foto dun gaseiro na ría.