Arquivo para Xuño 15, 2020

Nova denuncia do CCE polos incumprimentos dos gaseiros cargados de GNL na Ría de Ferrol.

Xuño 15, 2020

Unha vez máis, este Comité Cidadán de Emerxencia, denuncia ante a Dirección Xeral da Mariña Mercante os incumprimentos das Normas de Seguridade polos gaseiros cargados de GNL, para REGANOSA, na Ría de Ferrol.

O 12 ppdo atracou na Planta de Gas o gaseiro “Eduard Tol”, de 299 m/eslora. O calado declarado na entrada era 12,1 m. ao que hai que engadir o resguardo dun 12 % do mesmo, o que supón que o gaseiro precisaba para entrar, con seguridade e legalidade, un calado no canal de 13,44 m, sen embargo fixo a entrada cunha profundidade de 13,1 m. Isto, ademáis de incumprir a normativa,  pode dar lugar a unha maior lentitude nas manobras e un perigo engadido ante calquera imprevisto.

Repítese tamén a ausencia do remolcador que, según a normativa de seguridade,  debe estar ao lado do gaseiro durante as manobras de atraque e descarga, preparado para intervir ante calquera emerxencia.

Conven lembrar que no caso de accidente, agravado polo efecto dominó entre Gaseiro, Reganosa e Forestal do Atlántico, afectaría a una poboación de 30.000 persoas no radio de 2 km.

Por perigosa, ilegal, innecesaria e económicamente deficitaria: Planta de Gas : Peche xá ¡

ESCRITO DA DENUNCIA

foto dun gaseiro na ría.