Arquivo para Decembro 2020

O Goberno do Gas… por Lupe Cés.

Decembro 23, 2020

Saiu publicamente a nova de que o Ministerio de Transición Ecológica concede a Declaración de Impacto Ambiental a REGANOSA, paso previo para darlle autorización e legalizala. De momento aos alegantes, 19 Asociacións e 244 personas da veciñanza, non se lles comunicou nada, nin deron resposta ás alegacións, feitas en setembro do 2019.

https://artabra21.blogspot.com/2020/12/o-governo-do-gas.html

Recomendamos a lectura deste interesante artigo “O Goberno do Gas…” de Lupe Cés, mestra e participante no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde que empezou esta estafa e despropósito, que atenta contra a Legalidade, a Ría e a Vida, desde hai 20 anosAlegantes: A.VV. O Cruceiro de Mehá, A. VV. de Caranza, A. VV. Nuestra Señora del Socorro (Ferrol Vello), A.VV. O Rosario (Inferniño), A.C. Fuco Buxán, A.C. Muiño do Vento, Fundaçom Artábria, Coletivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, ADEGA, VERDEGAIA, Asociación Ambiental Petón do Lobo (Corcoesto), Federación Ecoloxista Galega, Executiva PSdeG-PSOE Ferrol, Confraria de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Podemos Ferrol, EU Ferrol, Grupo Municipal do BNG Concello de Ferrol, Grupo En Marea, Ferrol en Común, e 244 personas a título individual.

Resumo de Actividades do CCE en 2020

Decembro 18, 2020

O Comité Cidadán de Emerxencia desexa, a todas e todos, un vindeiro 2021 cheo de enerxias para continuar traballando, coa vosa axuda, na defensa da Legalidade, da Ría e da Vida.

Resumo de Actividades realizadas neste 2020 que remata.

https://drive.google.com/file/d/1RdfwN9T5j_2Nw0bJctSwnYPtHdncaCKG/view?usp=sharing

Lotería de Nadal para axudar ao Comité Cidadán de Emerxencia,

Decembro 3, 2020
Para axudar a sufragar os gastos de Procuradores nos Recursos ante os Tribunais, defendendo a Legalidade, a Ría e a Vida, da amenaza que supón a perigosa, ilegal e innecesaria Planta de Gas de REGANOSA.