A conta da descarga de GNL do último gaseiro

A conta da descarga de GNL do gaseiro de onte, na Planta de Gas de Reganosa, no seu proceso de regasificación, vanse esterilizar, a base hipoclorito sódico – que supón a morte das larvas, ovos, especies, placton – 2.636.920 Tons de auga da Ria que logo será devolta a mesma cunha reducion de 6º C na súa temperatura.
Ademais hai que lembrar que o Complexo Petroquimico de Forestal del Atlántico, tamén do grupo Tojeiro, ten autorizado, pola Xunta de Galicia, verquer á Ría máis de 27 millons de Tons /ano, que non soio afectan directamente aos bancos marisqueiros de Santa Lucia, A Barca e Noville senon ao conxunto do ecosistema, de feito que a ameixa babosa dase por desaperecida.
Estes nocivos verquidos industriais, se non contaran co consentímento e complicidade das Administracións para efectualos directamente á Ría, deberían pasar polo proceso de depuración e pago do canon correspondente, como sucede cos que orixinamos a cidadanía do entorno.
Nunha Ría semipechada, das características da nosa, que non soporta xa máis contaminación e máis alteracións do ecosistema, non se pode tolerar un só verquido que non vaia ao colector xeneral e ao sistema de depuración integral no que tanto presuposto se invertíu.
Explore posts in the same categories: Sen clasificar
Deixar unha resposta